El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O pleno da Deputación dá luz verde á derradeira achega do Plan Único 2019: 17,1 millóns para 158 obras

20-12-2019 17:34:50
O pleno da Deputación da Coruña.

A CORUÑA | A Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todas as forzas políticas, a derradeira achega do Plan Único deste ano (POS+2019) por un importe total de 17,1 millóns de euros, dos que 16.245.962 € corresponden a fondos provinciais e 908.460 serán aportados polos concellos.  

Coa achega aprobada hoxe, o POS+ da Deputación puxo a disposición dos concellos coruñeses durante 2019 un total de 100.484.818 euros, superando o investimento realizado nos exercicios anteriores. Un total de 83 concellos coruñeses beneficiaranse desta achega adicional do Plan, que permitirá executar un total de 158 obras de mellora de infraestruturas municipais. Pavimentacións de camiños e núcleos rurais, obras de saneamento e abastecemento de auga, dotación de mobiliario urbano, creación de parques públicos e infantís ou creación de infraestruturas deportivas son algunhas das obras que se realizarán nos concellos co apoio do Plan Único.

Entre as obras destacan polo investimento obras coma as gradas e vestiarios do campo de fútbol de Brexo, en Cambre (657.218,29 euros), a construción dunha pista de patinaxe en Bastiagueiro-Oleiros (430.419,71 euros), urbanización da avenida Manuel Fraga de A Laracha (244.451,96 euros), dotación de novo césped artificial ao campo de fútbol de O Viso (Arzúa), cuberta e iluminación do parque infantil de Boiro (247.740 euros) ou construción dun novo parque na Corveira-Culleredo (446.812 euros). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias