El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Real Academia traslada a súa sesión solemne ó Courel para lembrar "a poesía bruta" de María Mariño

17-05-2007

A Real Academia Galega celebrou a súa sesión solemne co gallo do Día das Letras en Seoane do Courel para celebrar a ?poesía bruta de María Mariño?, segundo apreciou o académico Darío Xohán Cabana. A homenaxeada pasou un bo treito da súa vida, o treito máis determinante na cercana localidade de Parada e está enterrada no cemiterio de Seoane. A antiga escola da localidade abeirou unha vintena dos maiores expertos en lingua e literatura galegas, xunto cos conselleiros de Cultura, Ánxela Bugallo, e de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, nun acto que encheu o centro de asistentes da bisbarra. No acto, Darío Xohán Cabana deslindou, ao igual que o faría Xosé Luís Méndez Ferrín, a poesía de Mariño da que escribiu Uxío Novoneyra para desmentir o hipótese de que a escritora poñía pouco máis ca sinatura nas súas creacións. Segundo aseverou ?Novoneyra é substancialmente claro, María Mariño era substancialmente escura?.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias