El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación defende a promoción do galego na infancia coa colaboración con Correlingua

14-01-2020 16:23:35
A deputada María Muíño (i).

A CORUÑA | Apoiar e promover o uso do galego nas xente máis nova, apoiar iniciativas que animen a usar a nosa lingua en nenas e nenos e contribuír á eliminación da ruptura xeracional son algúns dos obxectivos da Deputación da Coruña con respecto á normalización da lingua galega que se plasman en distintas liñas de actuación como o apoio ao Correlingua que hoxe se selou na sede institucional.  

A deputada responsábel da área de Lingua, María Muíño, e o presidente de Correlingua, Anxo Terán, asinaron este martes na Deputación da Coruña o convenio de colaboración polo que a institución compromete o seu apoio ás carreiras polo idioma que cada ano se desenvolven en todo o país e, concretamente, nos concellos de A Coruña, Santiago de Compostela e Narón que foron as celebradas na pasada edición dentro do territorio da provincia da Coruña.  

Con este obxectivo, a Deputación da Coruña destina un total de 20.000 euros para apoiar a organización de actividades que se desenvolven arredor das carreiras encamiñadas á normalización lingüística. "Desde a Deputación da Coruña apoiamos iniciativas que, como o Correlingua, contribúen a defender o dereito de medrar en galego, a animar ás novas xeracións ao uso da nosa lingua e a mostrar de maneira enérxica a sorte de contar cunha lingua propia que ", explicou a deputada María Muíño que urxiu a necesidade de que todas as institucións se comprometan de maneira decidida á hora de atallar "a alarmante  diminución do uso do galego na infancia".  

Ademais das carreiras pola lingua, o proxecto de Correlingua inclúe a organización de concurso escolares, concursos musicais e difusión con distintos soportes da animación a usar a nosa lingua. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias