SANTIAGO DE COMPOSTELA | O próximo luns, o Ateneo de Santiago -dentro do seu ciclo dos luns do Ateneo- ten programada unha conferencia a cargo do Consultor de Planeamento territorial e urbano Juan Requejo. Falarase da transformación da cidade de Santiago a través da charla que leva por título «A cidade de Santiago como sistema vivo, unha estratexia de sustentabilidade».
O acto, que terá lugar como todos os luns, ás 20.00h, na Rúa do Vilar, 19, fará un percorrido por toda a evolución da cidade de Santiago de Compostela, á vez que avogará por propostas en colaboración cos cidadáns para unha mudanza en clave de sustentabilidade. Tamén tomará importancia o plan de xestión do casco histórico compostelán, cuxa elaboración foi asumida polo propio Requejo, e que ten por obxectivo a repoboación da zona vella.
Juan Requejo Liberal é consultor de Planeamento territorial e urbano, Máster en Economía xeral e Xeografía, ademais de Fundador e Director de At Clave. Asesorou a diversos organismos internacionais e a gobernos de varios países e diferentes entidades públicas e privadas de España e dirixiu máis de 40 plans en materias como o desenvolvemento territorial e local, industria, enerxía, ordenación do territorio, urbanismo, turismo e medio ambiente. Leer máis