OURENSE | A
Deputación
de Ourense presentou hoxe no auditorio municipal Cartelle, en Outomuro,
o programa provincial de entroidos 2020, que abrangue un total de 353
actividades que se desenvolverán desde mañá, 12 de febreiro, ata o 1 de
marzo en 45 pobos, vilas e concellos da provincia
de Ourense. No acto de presentación, que contou coa participación do
presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado do
alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, o presidente do goberno provincial
destacou “o gran escaparate etnográfico que supón o
noso entroido” ao que cualificou de “gran parque temático de cultura e
tradición da nosa provincia”.
Baltar
dixo que o entroido “é unha das nosas grandes riquezas etnográficas”,
salientado que Galicia ten nove entroidos declarados de interese
turístico e
sete deles están na provincia de Ourense, e ademais do triángulo de
Laza, Verín e Xinzo, cos seus carnavais de repercusión nacional e
internacional, temos en lugares como Cartelle entroidos tan senlleiros
como os de Sande ou As Teixugueiras”, con personaxes
básicos como as Bonitas, o Oso Salvaxe ou o Meco. “Estes o moitos
exemplos máis representan a mostra da tradición, a idiosincrasia e as
costumes dun pobo, o ourensán, que se transforma nesta data, como
reflicte o programa que presentamos, un compromiso da
Deputación por promover e difundir o noso entroido”.
Do
programa provincial de entroidos, que desenvolve a Deputación de
Ourense, editaranse un mínimo de dez mil exemplares e preto de mil
carteis, que serán
distribuídos en concellos, entidades turísticas e establecementos de
hostalería, xunto cun vídeo promocional, que se emitirá en televisión e
que se difundirá nas redes sociais, “para darlle todo o relevo que
merece esta festa, inherente á nosa alma como pobo”,
expresou Manuel Baltar.
“Todas
as administracións temos que apoiar esta experiencia de encontro coas
nosas tradicións seculares, que van pasando de xeración en xeración para
mantense
vivas e que paga a pena conservar”, salientou Baltar, remarcando que
“así de importante é o noso carnaval; somos unha provincia de entroido.
Por suposto, temos unha riqueza paisaxística, monumental, natural,
gastronómica e cultural, e a nosa condición de provincia
co maior potencial termal de Europa, pero o entroido amosa a conexión
plena da xente, e desde o lugar máis pequeno, que é o lugar máis grande,
a nosa provincia transmite esa herdanza de historia e tradición”.
O
presidente considera que o entroido vai ser unha das cuestións que
forme parte dese escaparate de Ourense “cando esteamos a pouco máis de
dúas horas de
Madrid, sendo a porta de entrada a Galicia da Alta Velocidade. Temos
moitas razóns para presumir, e esta é unha delas: o noso carnaval”, e
lembrou que “seguimos traballando para que o noso entroido sexa
patrimonio inmaterial pola Unesco, é unha cuestión que
ninguén pode dubidar, que a nosa etnografía merece tamén ese
recoñecemento, e farémolo da man de todos cantos saben vivir e proxectar
os valores do noso entroido”. Departamento de comunicación