O Entroido no Concello de Touro comenza
a súa andaina. A parroquia
de Bama revive o próximo 16 de febreiro o
domingo de 'corredor', unha das celebracións que ten como protagonistas
aos 'xenerais da Ulla', que a súa vez lembran a batalla entre o xeneral
amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba
as forzas leais á raiña Isabel II. Será unha das principais citas do 'Entroido'
deste ano no Concello de Touro, que se completará coa ‘Antroidada’ dos
‘xenerais da Ulla’ da parroquia de Fao, previsto para o 25 de febreiro,
martes
de Carnaval, e co desfile de Xenerais na feira do día 5 de marzo en
Fonte Díaz.
A 'parranda', composta por medio centear de xóvenes da parroquia de Bama vestidos
con traxes regionais e disfraces, será a encargada de dar o pistoletazo de saída ao carnaval de Bama.
Comenzará ás 10.30 horas o percorrido polas diferentes aldeas da
parroquia durante a mañán. Seguiránlle ás 12.30 horas os 'Xenerais
da Ulla' e o correo, que sairán dende o Café-bar Xesteira. Xa ás 16.30
horas os 'Xenerais da Ulla' desfilarán a cabalo no campo da festa de Bama.
A 'parranda' cantará unhas coplas. E posteriormente volverán a aparecer
os 'Xenerais
da Ulla'. Éstos discutirán, como manda a tradición, sobre “os
enfrentamentos que hai no mundo”. Logo será o turno da vellada, onde os
maiores da parroquia representan aos políticos e os seus enfrontamentos.
Xa ao final da celebración, na que participan arredor
dun centenar de veciños, aparece o 'frade' que afronta o 'pregón',
coplas que contan o que preocupa os xóvenes da parroquia. Departamento de comunicación