El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO | BNG

Pontón apela "á rebeldía e ao feminismo" de Rosalía para impulsar o cambio real da man dunha muller e nacionalista

24-02-2020 16:03:40

O BNG aproveitou o 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro para reivindicar a figura dunha muller, poeta universal e galeguista, convertida tamén en icona do feminismo case dous séculos despois. A esa figura referente en tantas loitas apelou a portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, para abrir un tempo novo en Galiza o 5A. 

“Reivindicamos á Rosalía feminista, galeguista, a muller avanzada ao seu tempo que representaba a modernidade que, en definitiva, encarna eses valores que promove o BNG para unha Galiza orgullosa da súa identidade, con cultura e lingua propias, que aposte por avanzar e na que deixemos atrás esta década escura do PP que está malogrando o país”, salientou Pontón ante o monumento que honra á escritora en Santiago na praza de Vigo, lugar que a viu nacer. “Apelamos a ese espírito, a esa rebeldía rosaliana para que o 5 de abril podamos abrir un tempo novo que signifique dar paso á modernidade, a autoestima e ao orgullo da nosa identidade”, recalcou a nacionalista.

Pontón avanzou que unha das primeiras medidas que tomaría desde a Presidencia do Goberno será a derrogación do “decreto da vergoña”, que prohibe o uso do galego no ensino en materias como as matemáticas; unha normativa impulsada por Feixóo “que levou ao idioma a unha encrucillada, a unha situación que é urxente reverter”.

O compromiso do BNG, indicou a candidata, “é poñer en marcha unha nova política lingüística que apoie a normalización do noso idioma e que defenda con orgullo o propio idioma, porque é un dos elementos que máis nos une a todas as persoas que vivimos neste país. Imos poñer fin á política lingüicida do PP que ataca o que máis nos define,  un elemento fundamental da nosa identidade como pobo”, recalcou a líder do Bloque.

Neste sentido, Pontón convidou a que os galegos que queren que a lingua teña futuro “se expresen apoiando ao BNG nas urnas”, porque é a garantía de poñer en marcha unha política lingüística que acabe con estes anos de acoso ao propio idioma. Pontón volveu salientar o seu convencemento de que hoxe en Galiza hai unha maioría social que quere cambio, que se ven expresando nos últimos procesos electorais de xeito claro e rotundo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias