A actual situación política que vive España e a súa crispación protagonizaron este ano a batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao na súa tradicional ‘Antroidada’. “El respeto se ha perdido / pues se puede discrepar / no compartir las ideas / más no por ello insultar”, dixo un ‘xeneral’ no campo da festa de Fao, onde a partir das 17.00 horas concentráronse os xinetes, que luciron os seus vistosos e coloridos traxes napoleónicos.
Non choveu e a presencia de veciños e forasteiros, que foron situándose baixo unha carpa instalada no campo da festa e nas bancadas, foi numerosa. “No importa el bando que sea / de la izquierda o la derecha / viven en confrontación / y el insulto siempre acecha”, dixo gritando un dos ‘xenerais’ dende o centro do campo da festa, onde se concentraron un numeroso grupo de xinetes. Tamén abordaron a situación de Cataluña: “La tan traida y llevada / independencia no es más / que una absurda quimera / solo esto y nada real”, contestou un ‘xeneral’. E non tardou en chegar a réplica.
“Si su propio presidente / la violencia invoca el mismo / que es lo que se debe hacer / ante tanto vandalismo”. Tampouco faltou a presencia de Vox no panoramo político: “Rechazan las autonomías / odian a los emigrantes / y la violencia de género / para ellos no es relevante”.A ‘Antroidada’ comenzou pasadas as 17.00 horas. A esa hora o campo da festa de Fao e as súas bancadas estaban cheos. Non caeu auga. Moitos veciños acudiron disfrazados. Todos os que asistiron hoxe poideron desfrutar dunha alegre, divertida e musical Antroidada’.
Abriron o festexo os integrantes da ‘Rumba da Susita’, dende o palco do campo da festa, como xa é tradición. Logo chegou o debate dialéctico dos ‘xenerais da Ulla’, que abriu o centinela e que despois de loita e máis loita rematou así: “Viva Galicia mi tierra / próspera, fecunda y verde / donde los ríos se pierden / en el mar que la rodea / Viva Santa Uxía de Fao / siempre en nuestros corazones / y vivan sus carnavales / que nos colman de emociones”. Chegaron despois 'os consellos dos frades', que predicaron en verso anécdotas sucedidas na parroquia de Fao e nos arredores. O espectáculo rematou co 'Enterro do Antroido'. Departamento de comunicación