OURENSE | Ourense
acollerá a sede do Centro de Tecnificación de Hockey de Galicia
(CeTeGa). Así o confirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel
Baltar, na reunión que mantivo no Pazo Provincial cos directivos da
Federación Galega de Hockey (FGH), expresando o apoio
económico por parte da institución provincial para a ubicación desta
infraestrutura deportiva, que estará situada no barrio de Mariñamansa,
na capital ourensá. Na reunión participaron xunto ao presidente do
goberno provincial, o presidente da Federación Galega
de Hóckey e o vogal da entidade, Alberto Estévez e Francisco Masid,
respectivamente, e Roberto Baratta, responsable de promoción do CeTeGa.
Esta
iniciativa xurde a proposta da Federación Galega de Hóckey e está
incluída no Plan 2020-2022 para a promoción e divulgación do hóckey en
Galicia. A federación
ven de crear o Centro Galego de Tecnificación (CeTeGa) como organismo
dependente da Federación Galega de Hóckey, que da resposta organizativa e
de xestión aos obxectivos da Federación que son: a organización e
xestión de competicións e licencias, a promoción
e divulgación do deporte o hóckey herba e sala e a mellora,
cualificación e tecnificación de xogadores, técnicos, árbitros e xuíces.
O
CeTeGa ten a misión de prover os medios, mecanismos e organización para
a educación deportiva, capacitación e tecnificación dos xogadores,
adestradores
e árbitros galegos. Funciona como organismo dependente da FGH,
xestionado pola sección de Promoción nas funcións de estratexia, misión,
xestión financeira e de recursos, relacións con terceiros e
programación anual. Baixo a dirección técnica da FGH nos ámbitos
de programas técnicos e deportivos, o centro desenvolverá actividades
coordinación técnica, organización de adestramentos e cursos. Departamento de comunicación