Sociedad
22-05-2007
O músico Alejandro Sanz comezará a súa xira española en Santiago o vindeiro 4 de agosto. Coincidindo coa saída ao mercado da edición de luxo de "El tren de los momentos", póñense á venda as entradas para o concerto que o artista internacional ofrecerá en agosto no Multiusos Fontes do Sar.
O primeiro directo de "El tren de los momentos" terá lugar na capital galega, trala cancelación do festival Valladolid Latino o pasado sábado, no que estaba prevista a actuación do cantante. Sanz presentará o seu último disco nunha xira que o levará por 21 escenarios de toda España entre agosto e setembro.
En Latinoamérica, a xira "El tren de los momentos", iniciada o pasado 9 de marzo na capital de Perú, reuniu a unha media de 9.000 persoas por concerto, segundo informou a organización nun comunicado. Alejandro Sanz retomará o contacto co público español tras tres anos de ausencia nos escenarios de país. As localidades para o concerto do vindeiro 4 de agosto en Santiago están dispoñibles na web de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) e no propio Multiusos do Sar a un prezo de 30 euros.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias