El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O venres remata o prazo de inscrición para as Xornadas sobre Publicidade ?Marca Galicia?

O Club Internacional de Prensa organiza o ciclo en Pontevedra

23-05-2007

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra, acollerá do 29 de maio ó 1 de xuño, as Xornadas sobre Publicidade que baixo o título ?Marca Galicia?, afondarán na situación actual do sector publicitario e de mercado, a relación da información e a publiciadade, e a necesidade de xerar unha ?marca de Galicia? en tódolos soportes, incluído por suposto, o audiovisual. Profesionais da comunicación, da publicidade, estudantes destas carreiras, directores de comunicación de empresas e institucións, membros de gabinetes de prensa, etc, son os sectores máis directamente interesados e a quen van dirixidas as Xornadas, podéndose inscribir de balde dirixíndose a club.inter.prensa@xunta.es. A publicidade é comunicación. Analizar as vísceras deste sector polos seus propios protagonistas: anunciantes e anunciadores, creativos e produtores, profesionais en xeral, é obxectivo destas Xornadas que teñen como marco referencial fundamental o debater sobre a necesidade de crear unha ?marca? en Galicia que aporte un valor diferencial dentro da comunicación global. A forma publicitaria importa. Pero o fondo, tamén. As Xornadas contemplan a celebración de tres conferencias (do Presidente de B&P Conde, Miguel Conde Lobato; a vicedecana da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación, Mónica Valderrama, e do comunicólogo catalán Joan Costa), e de cinco mesas-debate na que participarán diversos profesionais dos eidos que atinxen a cada unha delas. Estas mesas abordarán os seguintes temas: -Responsabilidade Social Corporativa As grandes compañías teñen unha sensibilidade neste eido: as axencias de publicidade, creadores de contidos, son responsables? A responsabilidade é algo máis que comunicación? Os limites legais e éticos. Reputación e responsabilidade. -Cara ónde van as axencias de publicidade Cada vez máis, as empresas e institucións demandan servizos diversos de comunicación a compañías que non son axencias de publicidade (web, marketing promocional, compra de medios, identidade corporativa, comunicación en medios..). Está a Axencia cumplindo o seu papel de socio estratéxico para a comunicación dos anunciantes? Cómo debe ser a ?nova axencia?? -Novos medios As audiencias cambian, os medios clásicos satúranse e son menos eficaces. Hai novos medios, novas estratexias, novas formas de comunicar. Cómo está cambiando a comunicación persuasiva? -A publicidade institucional. Información versus publicidade É a principal anunciante de Galicia, a que maior investimento realiza nos medios. Obedecen as estratexias a plans de comunicación ou se aplican outros criterios? ¿É a publicidade institucional unha ferramenta de comunicación ou outra cousa?. Información e publicidade, seguen camiños paralelos ou se encontran? Deben atoparse tantas veces? Cántos especialistas en publicidade hai nas institucións? Ten sentido el/a ?xef@ de prensa? nunha comunicación global? O papel dos Gabinetes de Comunicación: facer imaxe, limitar ou condicionar ?evitando- a función xornalística do profesional dos medios. Cómo se percibe dentro e fóra de Galicia a imaxe de Galicia no tecido empresarial, e público. -Liberdade de crear Limitacións na creatividade publicitaria: anunciante. industria. Autocensura. Os creativos dalgunhas das principais axencias falan sobre a súa liberdade. Censura en publicidade ou limitacions propias da actividade? -Obradoiro e Conferencia do comunicólogo JOAN COSTA Baixo o título ?O plan estratéxico de Comunicación, ferramenta central na construcción e o control da Imaxe de Marca?, o comunicólogo catalán Joan Costa centrará unha parte das máis importantes actividades destas Xornadas como é este Obradoiro que terá lugar na tarde do día 31 de maio. Un Obradoiro que dará paso posteriormente, ás 20:00 hs desa mesma tarde, e como o derradeiro acto das Xornadas, á súa Conferencia que abordará as Macromarcas. Estratexia holística a grande escala e de alta complexidade. Joan Costa é comunicólogo, consultor e deseñador. É considerado o investigador de fala hispana máis importante e un dos fundadores de a nova ciencia da comunicación visual. Catedrático de Deseño e Comunicación Visual na Universidade Iberoamericana de México, profesor da Universidade Autónoma de Barcelona, da Universidade Abat Oliba (Barcelona) e do Istituto Europeo di Design (Madrid). Profesor invitado en varias universidades de Europa e América Latina. É autor de dúas ducias de libros sobre comunicación e deseño. O debate, a reflexión, a análise sobre a necesidade ou non de ofrecer unha imaxe no eido publicitario cun criterio identitario de Galicia, tanto no público coma no privado, constitúe o fondo destas Xornadas ás que asistirán profesionais tanto do sector da publicidade e comunicación audiovisual, como DirComs, director@s de marketing e de R.S.C. de empresas privadas do sector produtivo de Galicia. Galicia marca imaxe Dirixido ó sector do audiovisual en concreto, esta mesa ?que se celebrará o derradeiro día das xornadas (1 de xuño ás 10:30 da mañá) contará coa participación da Presidenta de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), o Presidente de AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual), o Clúster Galego do Audiovisual, o vicepresidente do Clúster Galego do Audiovisual, o xerente do Consorcio do Audiovisual de Galicia, e dous profesionais da produción audiovisual.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias