El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Feira do Libro de Madrid premia a Manuel Rivas por "Os libros arden mal"

24-05-2007

A Feira do Libro de Madrid terá un marcado acento galego grazas á concesión do Premio ao Libro do Ano a Manuel Rivas por "Os libros arden mal". A editorial Kalandraka participa dende mañá na feira cunha caseta instalada no Parque do Retiro pola que pasarán autores e ilustradores para asinar as súas obras. Así, Manuel Janeiro e Juan Ramón Alonso, autores de 'Pucho, o habitador dos tellados', Terceiro Premio Nacional de Edición na categoría infantil-xuvenil. Ao tempo, o Círculo de Belas Artes da capital española acolle ata o 17 de xuño a exposición 'Listos para leer. Diseño de libros en España', que inclúe catro obras da editora pontevedresa, segundo informou hoxe o seu gabinete de prensa. Na mostra, organizada pola Sociedade Estatal para o Desenvolvemento do Deseno e da Innovación, figuran as obras 'A merliña', 'Aquiles o puntiño', '29 historias disparatadas e 'Smara'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias