El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

O Ateneo homenaxeará a Isaac Díaz Pardo

20-08-2020 10:32:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA |  Este sábado celébrase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, un dos grandes creadores que ao longo do século XX dinamizaron culturalmente Galicia e, especialmente, a cidade de Santiago de Compostela.

Por este motivo, o Ateneo de Santiago acordou realizar unha serie de actos para homenaxealo na inauguración da programación 2020-2021, que comezará en outono. O programa incluirá a descuberta da placa co seu nome no Salón de Actos do noso local social, onde se desenvolve boa parte da nosa actividade cultural; a reedición en formato libro, coa colaboración da Deputación da Coruña, dunha das súas obras máis orixinais e descoñecidas, “Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro”; así como a organización dunha conferencia, dentro do ciclo “Os Luns do Ateneo”, impartida por M.ª América Díaz encol da figura e obra do polifacético artista.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias