El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Carlos Rial inaugura a súa obra específica para o Marco

25-05-2007

O artista galego Carlos Rial inaugurou hoxe en Vigo a súa obra específica para o Museo de Arte Contemporánea (Marco). Ata o 26 de agosto, o Espazo Anexo do museo vigués acollerá a intervención site-specific realizada por Rial, e que consiste na instalación de cinco desatoadores xigantes que ocupan o espazo, adaptándose ao cubro branco no que non lles correspondería estar. Rial xoga con elementos desproporcionados e de uso cotián que loitan entre si e co espazo que os contén e trata de que as pezas de uso común e normalmente desapercibidas intimiden ao espectador a través do seu tamaño e da ubicación nun contexto artístico. O artista formou parte do catálogo de novos valores do Museo de Pontevedra, participou na Bienal de Artes Plásticas "Ciudad de Pamplona" e na Bienal de Arte de Pontevedra e está incluído na exposición do CGAC "Mapas, cosmogonías e puntos de referencia", ademais de expoñer en distintas salas e centros de arte de Madrid e Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias