LUGO | A excepcionalidade que vivimos debido ao COVID19 non permitiu a celebración da tradicional “Bicicleta Solidaria” que acompañaba ao equipo ciclista na Volta a España, pero o seu carácter solidario non se perdeu gracias ao reto #Tucorazónsuma.
Si no ano 2020 non se puido celebrar a tradicional “Bicicleta solidaria” que transformaba pedaladas dos afeccionados ao deporte das dúas rodas en doazóns, o Equipo Ciclista Caja Rural-Seguros RGA e as Caixas Rurais decidiron manter o seu carácter solidario mediante unha acción en redes sociais denominada #Tucorazónsuma. Tratábase de lanzar unha serie de retos en cada etapa a persoas coñecidas para que no caso de conseguiren 1.000 “likes” de apoio a esta iniciativa, estes se transformarían nunha doazón de 2.000 euros que se destinarían a axudas directas aos máis necesitados da man da delegación de Cáritas máis próxima a cada etapa.
Así, nas dúas etapas con saída e chegada en Galicia, aceptaron o reto Lucas Pérez, xogador de fútbol Coruñés que, tras triunfar no Deportivo da Coruña e na Premier League, milita actualmente no Deportivo Alavés, así como Salvador Arco, xogador de baloncesto catalán, que actualmente exerce de capitán no Breogán e máximo referente da afección lucense. Ambos, que se caracterizan por unha dilatada e exitosa careira deportiva, conseguiron superar o reto que se transformou en dúas doazóns de 2.000 euros que Caixa Rural Galega aporta ás delegacións de Cáritas de Santiago de Compostela e Lugo.
A iniciativa contou co apoio de personalidades da talla do chef Martín Berasategui, do adestrador Vicente del Bosque ou do periodista deportivo Jesús Álvarez, entre outros, nas diferentes etapas da Volta Ciclista. Ginés Plaza e José Anuncio Mouriño, directores de Cáritas de Lugo e Santiago respectivamente, coincidiron en que estas doazóns e calquera outra que poidan chegar son máis necesarias que nunca debido aos efectos que están a provocar as restricións motivadas pola alerta sanitaria, levando a un número cada vez maior de familias a precisar axuda para afrontar o seu día a día. José Manuel López, Director Comercial de Caixa Rural Galega, manifestou a súa satisfacción polo feito de que pese ás restricións á mobilidade, a participación do equipo ciclista na vota mantivera a súa tradicional acción solidaria, aínda que neste 2020 fose preciso apoiarse en medios dixitais. O capitán do Breogán, Salva Arco, agradeceu a invitación ao o reto solidario, así como a doazón de Caixa Rural Galega e sobre todo a labor social de Cáritas que supón unha importante aportación á sociedade, dirixida á parte desta que máis o necesita.