El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Política Lingüística promove o uso do galego entre pais e fillos cunha campaña que comeza no embarazo

A práctica totalidade dos nenos entre 5 e 9 anos enténdeno e saben falalo

29-05-2007

A secretaria xeral de Política Lingüítica, Marisol López, presentou en Santiago "Xeración e Logo!", unha campaña coa que a Xunta quere promover o uso do galego entre os pais e os seus cativos, gañando terreo deste xeito na recuperación da transmisión familiar da lingua con actividades que se pretende que comecen xa co embarazo. Para facilitar o labor, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) distribuirá na súa rede hospitalaria materiais diversos que chegarán a máis de 15.000 familias. Trátase de información, consellos, un pequeño caderno de embarazo, recitativos para o bebé e un disco con cantos de berce interpretados por músicos galegos. Marisol López explicou que os materiais presentados destínanse a dúas xeracións que teñen na súa man que non se produza en Galicia unha fractura na transmisión da lingua. Segundo os datos do seu departamento, a maioría das familias de Galicia segue transmitindo o galego na casa, aínda que cada vez máis xunto co castelán. De feito, o 62% dos galegos entre 15 e 54 anos teñen o galego como lingua inicial. Ademais, maioritariamente, a lingua inicial é o galego. Non obstante, nas franxas de 26 a 35 anos o castelán pasa a ser lingua maioritaria, se ben, ese retroceso do galego nos máis novos estase a estabilizar. O grupo máis numeroso actualmente é o dos bilingües iniciais, que constitúe o 41% dos galegos entre 15 e 45 anos, mentres que, prácticamente, a totalidade dos nenos de entre 5 e 9 anos entenden e saben falar en galego. Galego no embarazo A titular de Política Lingüística destacou na presentación que falarlle galego a un fillo que vai nacer en Galicia é situalo no contorno natural no que vai medrar e axudalo a entender mellor a realidade que o rodea. Engadiu que lle permite tamén levar naturalmente a súa cultura e ofrécelle unha oportunidade para garantir que o fale ben cando xa constrúa as súas frases, sen olvidar que "contribuirá á súa plena integración na sociedade", dixo. Cantar de arrolo Á presentación, ademais do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Julio Villar, acudiron diversas embarazadas, que tiveron a oportunidade de escoitar un dos cantares de berce para arrolar aos nenos que se inclúen no CD destinado a elas. Interpretouno Xabier Díaz, acompañado polos músicos Guillermo Fernández e Suso Iglesias. No disco compacto participan outros artistas galegos como Espido, Mercedes Peón, Luar na Lubre e Uxía. Ao peche, a escritora pontevedresa Fina Casalderrei leu unha carta preparada por ela para a ocasión na que lle da os parabéns ás nais e que tamén se inclúe na carpeta-maletín que recibirán as mulleres en estado de xestación como ferramenta para avanzar na transmisión familiar do galego.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias