El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | CORONAVIRUS

A Delegación do Goberno coordina a través do CECOR 7.800 axentes policiais para aplicar as medidas adoptadas pola Xunta en materia COVID

14-01-2021 11:48:42

A CORUÑA | O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiu hoxe unha nova reunión do Centro de Coordinación (CECOR) Autonómico establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria e ao estado de alarma. A reunión tivo lugar para analizar as novas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia e que entrarán en vigor do día de mañá.

O CECOR está integrado, ademáis de polo delegado do Goberno, polo xeneral da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal; a responsable de Protección Civil na Delegación do Goberno en Galicia, María Dolores Gómez; o secretario xeral da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente; e a xefa do gabinete técnico do delegado, María Rivas. Na reunión de hoxe avaliáronse as últimas medidas ditadas pola Xunta de Galicia, de tal modo que a Delegación do Goberno coordina a actividade de 7.800 axentes policiais para garantir o maior grao de cumprimento da normativa que se aplica por parte das autoridades sanitarias.

Javier Losada insistiu que a pesar do alto grao de cumprimento e a responsabilidade amosada polas galegas e os galegos é necesario reforzar e intensificar os dispositivos e a labor policial para desta maneira avanzar na loita contra a COVID. Neste sentido, reiterou o seu chamamento a manter as medidas de autoprotección sen baixar a garda ante a evolución da pandemia na Comunidade e lembrou que as Forzas de Seguridade traballan para garantir o cumprimento das restricións impostas pola Xunta.

Para iso, na reunión do CECOR acordouse reorientar os dispositivos policiais, de acordo as novas medidas aprobadas pola Xunta, de tal maneira que se reforzarán os operativos centrados no correcto cumprimento das reunións e na mobilidade, con especial incidencia nas concentracións vinculadas aos centros comerciais e as súas contornas. Tamén se levará a cabo un reforzo dos dispositivos dinámicos de tráfico naquelas vías de comunicación de maior densidade circulatoria vinculadas fundamentalmente as cabeceiras das áreas metropolitanas.

A proposta da Garda Civil, o CECOR tamén procederá a trasladar á Xunta de Galicia, como autoridade competente e delegada, a posibilidade de establecer un escrito de autorresponsabilidade para aqueles conductores que teñan que realizar desprazamentos fóra do seu municipio para así poder reforzar a correcta xustificación do seu desprazamento e para que as forzas e corpos de seguridade dispoñan dunha maior base para o desenvolvemento da súa labor.     

En paralelo a esta reunión, as subdelegacións do Goberno reúnen nestes días aos Centros de Coordinación provinciais onde se determinan dispositivos e medidas de control sobre o territorio de acordo coas necesidades e restriccións de cada provincia galega. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias