El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA | PUERTO

A Deputación e a Autoridade Portuaria, dispostas a colaborar en temas estratéxicos para o futuro da provincia

14-01-2021 14:46:04
González Formoso (i), e Fernández Prado.

A CORUÑA | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse hoxe co novo presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado dentro da rolda de encontros de traballo que o novo responsable do porto coruñés está a manter con diferentes institucións. Valentín González Formoso e Martín Fernández Prado manifestaron a súa disposición a colaborar en temas estratéxicos para o futuro para a área metropolitana a e a provincia da Coruña.

González Formoso e Fernández Pardo coincidiron na importancia do porto como estrutura de carácter metropolitano e no seu potencial para a  creación de emprego, a reindustrialización da provincia e a potenciación do turismo e abordaron cuestións coma o reto de posicionar a Punta Langosteira coma unha referencia no ámbito das novas enerxías, a potenciación da pesca ante o novo reto do Brexit, o reforzo do liderazgo do porto coruñés no sector de determinados graneis coma os cereais.

Abordaron tamén o novo horizonte que se abre na Coruña coa esperada integración dos terreos portuarios na cidade, subliñando que o diálogo e e o consenso entre as administracións e entidades sociais e empresariais será determinante para que o proceso poda levarse a cabo con éxito. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias