El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CASAS DO MAIOR

Axudas para dar continuidade ás casas do maior cun investimento de 515.000 millóns

27-01-2021 11:27:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas destinadas ao mantemento das casas do maior cun investimento de 515.000 euros. A Xunta aposta pola continuidade destes pequenos centros de día no rural por atender a máis de 100 persoas maiores que teñen acceso a unha atención individualizada na súa contorna.

Actualmente están en funcionamento 20 casas do maior repartidas polas catro provincias. Delas, 12 sitúanse nos concellos ourensáns de Punxín, Piñor, A Veiga, Laza, Castrelo de Miño, Os Blancos, Sarreaus, Cenlle, A Gudiña, Xunqueira de Espadañedo e Xunqueira de Ambía. Na provincia de Lugo hai tres destes centros, dous no concello das Nogais e un en Portomarín. Na provincia da Coruña sitúanse nos municipios de Laxe, Santiso e Monfero. En canto á provincia de Pontevedra, hai dúas casas do maior en funcionamento: unha no concello de Arbo e outra en Pazos de Borbén.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias