SANTIAGO DE COMPOSELA | O luns 8, ás 20.00 horas, o Ateneo de
Santiago ofrece unha conferencia titulada ‘A situación sanitaria na pandemia e perspectivas de futuro’, que
será impartida por Beatriz González López-Valcárcel, Catedrática de
Economía Aplicada da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria e experta en
Economía da Saúde e Políticas Públicas.
A
pandemia supuxo dende os seus inicios unha revolución para os nosos servizos
sanitarios. Sen ter aínda o suficiente coñecemento sobre o virus, a Sanidade
tivo que adaptar metodoloxías, ferramentas e espazos de traballo a unha
situación sen precedentes. Pouco a pouco ou máis axiña, foron chegando as
consecuencias da Covid-19 ao noso sistema: colapso sanitario, atención
telefónica, posposición de intervencións cirúrxicas... A conferenciante analizará estes e outros efectos da pandemia
na nosa Sanidade.
Beatriz
González López-Valcárcel, Licenciada en Económicas pola Universidade de
Santiago de Compostela e Doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna,
é profesora da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Foi presidenta da
Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005 e da
Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública
(EUPHA) entre 2011 e 2012.
Tamén foi membro do Consello Asesor
de Sanidade do Ministerio de Economía de España, representante de Canarias no
Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde e Presidenta da Sociedade
Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017. En 2011
recibiu a Cruz da Orde Civil de Sanidade e foi nomeada filla adoptiva das
Palmas de Gran Canaria en 2009 e da Illa de Gran Canaria en 2016. Tamén é
profesora Honoris Causa pola Universidade Isalud de Bos Aires e
actualmente é membro do Grupo de Traballo Multidisciplinar COVID-19 do
Ministerio de Ciencia e Innovación. Departamento de comunicación