El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

MÚSICA | PREMIOS PRINCESA DE ASTURIAS

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo apoia a candidatura de Rogelio Grobas

07-02-2021 17:35:42

A Xunta vai propoñer ao músico e compositor D. Rogelio Groba Groba (Ponteareas, 1930) para a concesión do Premio Princesa de Asturias das Artes 2021. Tanto a Banda de Música Xuvenil de Xinzo como a súa Fundación móstranse favorable a esta proposta e o seu apoio xa foi transmitido á Xunta mediante unha carta.

Entre as razóns que avalan esta candidatura á mencionada distinción nacional atópanse a extensa carreira nacional e internacional do compositor ponteareán, divida entre Suíza e Galicia, e a súa ampla produción musical composta por máis de 700 obras. A Xunta destacou que isto, xunto cos recoñecementos recibidos ao longo da súa traxectoria, como A Medalla  Castealo en 1995, lévano a ser considerado como o compositor galego máis prolífico do século  XX.

Pola súa parte, o presidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Francisco Jesús Represas Carrera, expresou que “é un orgullo poder apoiar esta candidatura por todo o que representa tanto para Ponteareas como para Galicia”. “Este premio sería para Rogelio Groba o colofón e gran recoñecemento a toda a súa traxectoria artística”, destacou ademais o presidente da agrupación, engadindo que “este é un premio á música, unha linguaxe universal compartida por todo o mundo, polo que os motivos desta candidatura serán dabondo comprendidos”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias