El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

ASCM | PROMOVER O CAMIÑO DE SANTIAGO

ASCM organiza unha andaina virtual

09-02-2021 10:49:18

FERROL |  A Asociación Sociocultural ASCM organiza unha andaina virtual para promover o Camiño de Santiago, desde unha óptica inclusiva. A iniciativa está enmarcada dentro do programa da Xunta de Galicia, O teu Xacobeo. As persoas interesadas en participar, poderán inscribirse até o vindeiro 18 de febreiro. A andaina terá lugar entre o 21 e 28 de febreiro, a través das redes sociais. As persoas participantes recibirán no seu email un dorsal imprimible có que deberán fotografarse pola inclusión. A participación deberá formalizarse a través do formulario.

Non se trata de realizar moitos km, senón de visibilizar as diferentes capacidades existentes na sociedade, polo que poderán participar persoas de tódalas idades. As persoas inscritas deberán sacarse unha fotografía ou gravar un vídeo, de xeito individual ou en grupos de convivintes, có dorsal e a maior dose de cor posible; empregando coma telón de fondo a paisaxe da súa localidade. As pezas deberán ser enviadas ao 604 05 57 03 ou ao mail: info@ascmgalicia.org. 

O camiño de Santiago ten a súa maior riqueza na diversidade paisaxística, arquitectónica, etc., unha fantástica analoxía da riqueza que supón a diversidade humana. Algo que desde ASCM, levan reivindicando máis de 3 anos. A COVID-19 fai necesario reinventarse, pero temos a oportunidade de participar, de balde, nunha iniciativa inclusiva e sensibilizadora que permita seguir avanzando no camiño da inclusión. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias