El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

EDUCACIÓN

Arte para educar en Igualdade

O prazo do concurso remata o vindeiro día 8 de marzo.

23-02-2021 12:33:14

A CORUÑA | O resultado desta II Edición do Concurso Ilustradas, promovido pola Deputación da Coruña a través do Programa de Axudas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural, dará como resultado o II Catálogo provincial do que formarán parte as ilustracións de mulleres galegas importantes, pero en moitos casos descoñecidas porque non tiveron o recoñecemento que merecían. Trátase, polo tanto, dun proxecto que integra a aprendizaxe técnica e a posta en valor de mulleres sobre as que investigar para coñecer e recoñecer o seu legado.

Ademais, a posibilidade de participar nun concurso e que a obra sexa seleccionada para formar parte do II Catálogo Ilustradas, supón unha motivación para máis de 300 alumnas e alumnos dos centros educativos da provincia da Coruña relacionados coas artes plásticas e a ilustración. Os equipos directivos e o profesorado do IES Plurilingüe Adormideras, IES Salvador de Madariaga, EASD Pablo Picasso, IES de Sar, IES Antonio Fraguas, IES Concepción Arenal, IES Carballo Calero e IES Praia de Barraña e o CIFP Compostela acolleron dunha forma moi positiva esta iniciativa, na que o obxectivo é poñer en valor o talento artístico do alumnado e os logros de mulleres galegas ao longo da historia.

O prazo do concurso remata o vindeiro día 8 de marzo, data na que se realizará a selección entre todas as obras elaboradas polo alumnado dos centros educativos participantes, das seis persoas e ilustracións premiadas do concurso, así coma o resto de obras que formarán parte do Catálogo. Destaca tamén nesta II edición o apoio, participación e colaboración de entidades que traballan a prol da igualdade de oportunidades, a visibilidade e a integración: Consello Da Cultura Galega, FADEMUR Galicia y AECO.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias