A CORUÑA | Esta
fin de semana continuamos ca disputa dos distintos campionatos de Galicia onde
novamente as pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida o sábado dende as
10.00 horas as disputas dos Campionatos de Galicia de Lazamentos Longos e Campionatos
de Galicia de medio fondo e fondo Sub16 e Sub18.
Comezando
por este último campionato, na categoría Sub16 Daniel
Salgueiro do Coruña Comarca parte como favorito ao título
autonómico sobre a proba dos 600 m. grazas a súa mellor marca nacional do ano
de 1:26.65.Os
1000 m. contarán con Sergio Quintás do CD La Purísima e con Ricardo
Negrete do Ría Ferrol que acuden cos excelentes rexistros
de 2:42.60 e 2:43.31 respectivamente, que os sitúan nos primeiros postos do
ranking nacional. Na categoría femenina estará sobre o tartán pontevedrés Xela Martínez que
a semana pasada en Lugo estabrecía un novo récord galego sobre esta mesma
distancia con 2:50.4.
Os
3.000 m. contarán con Matías Regueiro do At. Sada e Pepe Sánchez
del Valle do Franciscanos de Lugo quenes parten como uns
dos favoritos nesta proba de fondo o mesmo que Sara Guedes da
Atlética Lucense na categoría femininaNa
categoría Sub18 destaca a participación nos 3.000 m. tanto de Antón
Martínez da Escola Atlética Lucense como de Anxela Seoane do
Ourense Atletismo quenes acuden ca mellor marca dos participantes.
Nos
800 m. será interesante ver as evolucións nas mulleres de Degnesh Mato do
C.A.Santiago e de Uxía Rodríguez do Trega así como a de Pedro Vázquez e Juan Núñez,
ambos do Real Club Celta na categoría masculina. Non
menos interesantes serán os 1.500 m. femininos onde as medallas estarán moi
igualadas entre Marcela Morgado do Trega, Carolina
Santos do Ria Ferrol e Paula
Cabaleiro do Atletismo Tui. Nos
homes a priori será Iván Rego do Lucus Caixa Rural quen parta con
certa condición de favorito nesta mesma proba.
Campionato
de Galicia de lanzamentos longos
Paralelamente
e no sector de concursos, estarán desde as 10.00 horas as distintas e distintos
atletas tomando parte no seu autonómico de lanzamentos longos.Nesta
cita estarán competindo importantes nomes, entre os que descataca no concurso
de martelo a participación de Carlos Revuelta do AD Marathon e a de Yago Araujo do
Celta. O plusmarquista galego absoluto Isaac Vicente do
Fent Cami Mislata tamén estará no circulo de competición. Nas mulleres, a xoven
promesa do AVA e campioa de España de lanzamentos de menores recentemente en
Castellón Marta Neira, competirá neste mesmo concurso.O
céltico Jonathan
Correa no concurso de xavelina, figura a priori como
favorito da proba ao igual que Javier Guzmán do Atletismo Sada en disco, nun
concurso onde estará o plusmarquista galego de peso Victor
Gallego da Gimnástica.En
mulleres o disco estará máis axustado entre María
Ezquerro do C.A.Sada e Victoria
Eiriz da Atlética Lucense, quen conseguiría esta mesmo ano
a súa MMP con 38.77.
Sen
lugar a dúbidas a xavelina femenina será o prato forte desta cita co concurso
da medallista de bronce nos pasados campionatos de España de lanzamentos longos
de inverno Carmen Sánchez do Unicaja Jaén. Xunto ela
estarán lanzando Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol 4ª
clasificada nese mesmo campionato e Andrea González da Gimnástica, 9ª.
De
igual modo tamén estarán no corredor de xavelina as célticas María Pena e Paula Piñón,
subcampioa de España e finalista respectivamente do Campionato de España de
lanzamentos de menores.
Mais
citas importantes durante a fin de semana
Aproveitando
a instalación pontevedresa, organizarase para a xornada do sábado o III Control FGA de inverno a
partir das 17.00 horas, donde un importante número de atletas confirmaba a súa
participación.
Lugo
pola súa banda, organiza tamén o sábado e a partir das 10.30 horas, a 2ª xornada da Copa Deputación de Lugo de aire libre, contando
Ourense de igual modo cunha interesante oferta competitiva da man do II Trofeo + Deporte la Región en Pista Cuberta que
se desenvolverá ao longo da mañá do domingo. Departamento de comunicación