El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Deportes

GALICIA | DEPORTES

O Foro de Reactivación comunica a atenuación de restricións no deporte galego

18-03-2021 16:45:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu unha nova xuntanza virtual do Foro de Reactivación do Deporte Galego na que estiveron convocadas a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA), a Real Federación Galega de Fútbol, a Federación Galega de Piragüismo, a Federación Galega de Ximnasia, a Federación Galega de Deporte Adaptado, a Federación Galega de Bolos, a Federación Galega de Atletismo, así como dúas persoas do colectivo de xuíces e árbitros.

Neste encontro de traballo, o secretario xeral relatou as principais novidades publicadas na Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 en Galicia. Neste sentido, para os concellos que contan coa mellor situación epidemiolóxica (letra D), a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor. No caso da práctica nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida. Ademais, para estes mesmos concellos, o aforo permitido na celebración de competicións deportivas con público ascende ata o límite máximo de trescentas persoas para os lugares pechados y mil persoas se se trata de actividades ao aire libre. 

Outro punto importante da xuntanza foi o tema formativo. En colaboración con UFEDEGA vaise poñer outra vez en marcha bloque común do nivel 1 para a formación de adestradores, ampliable ás federacións que o desexen. Ademais, a Secretaría Xeral vén de elaborar un cuestionario para detectar necesidades de formación nas federacións e clubs co obxectivo de realizar unha oferta máis axusta á demanda existente. 

Outros dos puntos tratados foron o estudo das funcións públicas delegadas realizado pola Secretaría Xeral para o Deporte que amosa como as federacións deportivas galegas “contan con orzamentos notables para desenvolver as funcións que teñen designadas pola Lei do Deporte”, de tal xeito que en 2020 tan só 5 federacións deportivas pecharon o exercicio con resultado negativo. Tamén foi abordado o estudo realizado polo INIBIC-SERGAS en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte. Este estudo, que abarca a máis de 180.000 licenzas deportivas (85.000 delas entre 4 e 17 anos), revela que a incidencia da Covid-19 é inferior no deporte federado nos mesmos rangos de idade e en ambos sexos que na poboación xeral. De feito, os brotes detectados apenas afectan ao 0,2% dos equipos galegos. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias