El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CONCELLOS

A Xunta incrementa nun 40% as axudas para a promoción do uso do galego por parte dos concellos

Poden solicitalas ata o vindeiro 10 de maio.

09-04-2021 12:30:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA |  A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria de axudas para a promoción do uso do galego desde o ámbito local que supón un incremento do 40% no seu orzamento. Así, o Goberno autonómico destinará este ano 350.000 euros nunha convocatoria para que concellos e agrupamentos de concellos de máis de 3000 habitantes poden solicitar desde mañá ata o vindeiro 10 de maio a través da sede electrónica da Administración autonómica.

As axudas están destinadas a sufragar os gastos derivados da creación, do reforzamento e do mantemento de unidades técnicas especializadas en lingua galega, así como da programación de actividades específicas coas que dinamizar a lingua galega desde o tecido municipal. A orde de convocatoria deste ano marca como ámbitos estratéxicos de actuación o deporte, a mocidade, as TIC, o tecido económico empresarial, os servizos sociais e a perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade incrementa a partida en 100.000 euros e destina un total de 350.000 euros. Os gastos subvencionables deben estar comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2021.


Impulso á recuperación do tecido creativo 

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociados a ela. 

Neles, ten especial incidencia desde o ano pasado o desenvolvemento da programación de actividades do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, baixo os obxectivos de apoiar o sector cultural e os seus axentes e profesionais no contexto da covid-19, promover iniciativas que sirvan para acelerar a recuperación do tecido económico cultural e creativo galego e poñer a disposición da cidadanía unha oferta cultural e lingüística de calidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias