El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Festival de Ortigueira elixe ós finalistas do Proxecto Runas 07

01-06-2007

SeteSaias, Bauma, Neirela, La Conjura, A Compañía do ruído, Ophiusa, A Gramalleira, Crema da gaita, Balakanda, Landú, bOnOvO, La jambre, Boys of the hills, Balbarda e Monte Lunai son os finalistas do Proxecto Runas deste ano, destinado a dar a coñecer os traballos dos grupos folk noveis da península. A dirección artística do Festival de Ortigueira vén de facer públicos os nomes dos 15 finalistas do Proxecto Runas 07, dos que só cinco debutarán ante os milleiros de persoas que se acheguen este ano ao evento. O xurado, integrado por críticos musicais de diferentes medios de comunicación, deberá elixir os cinco gañadores do certame, que abrirán a programación do Festival a noite do 5 de xullo. Os internautas converteranse por primeira vez en membros do xurado, xa que dende hoxe a web do festival (www.festivaldeortigueira.com) estrea sección dedicada ao proxecto, na que se poderá escoitar e votar on line os temas dos finalistas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias