El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

AGACA

Agaca visibiliza novas oportunidades de negocio nun obradoiro online

13-04-2021 15:24:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Nunha situación de crise de emprego e de emprendemento pola pandemia de coronavirus, moitas persoas buscan opcións de futuro profesional estable no medio rural de Galicia. Especialmente dirixido a persoas emprendedoras, dende a Asociación  Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) lanzamos a segunda edición do obradoiro en liña “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”.   

O curso desenvólvese en cinco xornadas temáticas, en horario de 16:00 a 19:00. O martes 20 tratará a importancia social e económica do emprendemento; o 22 de abril, estratexias para o éxito dunha idea; o 27 de abril,  fórmula cooperativa como modelo de emprendemento: apoios e axudas públicas e, o 29 de abril, elaboración dun plan de  empendimiento: análise de viabilidade.

Finalmente, o 3 de maio presentaranse 12 oportunidades de negocio: produción de  cáñamo, esponxa vexetal, castaña, oliva,  golden  berry, té galego,  kiwi, fungo comestible e de uso medicinal, xestión de  viñas, cría de  porco celta, extracción de resina e produción e comercialización de leite ecolóxico. As persoas interesadas en matricularse poden facelo en 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da  Rede  Eusumo. A  Rede  Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con  financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias