El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

SARRIA

O Esmorga Fest regresa o 24 de xullo

15-04-2021 12:22:32
Cartel do Esmorga Fest.

SARRIA | Despois de ter que cancelar a súa última edición, o día antes da súa celebración en 2020, o festival regresa cunha edición moi especial e gratuíta o 24 de xullo, esta xornada contará con tódalas medidas necesarias para garantir a seguridade dos seus asistentes. Esta nova edición terá lugar na Praza da Vila, de Sarria. Un espazo ideal para a celebración de eventos ao aire libre, situada no centro da vila. 

O cartel desta edición estará formado por Niña Coyote eta Chico Tornado, Depresión Sonora, Holywater, e Monteperdido. Será unha edición gratuíta para un aforo reducido, na que en breves informarase do procedemento a seguir para a petición de entradas. O festival estará promovido pola Vicepresidencia – Área de Cultura da Deputación de Lugo e Concello de Sarria, e patrocinado por Son Estrella Galicia, e Gadis. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias