El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA | REPSOL

O BNG reclama ao Ministerio de Traballo que actúe para frear o ERTE de Repsol na Coruña

22-04-2021 13:04:44

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Ministerio de Traballo que investigue as causas alegadas por Repsol na planta de refinería da Coruña para acollerse a un ERTE dunha duración previsíbel de 6 meses. A formación nacionalista destaca que a información anunciada pola empresa até o momento só fai referencia a causas de produción pero que, se estas non se acreditan adecuadamente, podería cualificarse como un Expediente de Regulación Temporal de Emprego fraudulento.

A comezos de abril, Repsol anunciou a súa intención de declarar un ERTE na súa refinería da Coruña. Alegaba causas produtivas e afectará a 212 empregados - 31% do persoal- en distinto grao. No comunicado feito público, a compañía xustifica a necesidade de acudir ao expediente no descenso da mobilidade causada polas medidas adoptadas fronte á pandemia da COVID-19.

“O centro de traballo mantivo a integridade do seu cadro de persoal nos momentos máis duros da pandemia polo que non se pode entender que, agora, a un mes escaso de que se poña fin ao Estado de alarma a empresa faga un ERTE de seis meses de duración” apunta o deputado BNG, Néstor Rego. A esta situación, súmaselle a representación sindical que critica e rexeita a medida por considerar que vai ligada ás rebaixas salariais que se propoñen desde a dirección na negociación no Acordo Marco.

En opinión do deputado nacionalista, o Goberno “ten que ser coñecedor da problemática que se está a producir na refinería da Coruña” e intervir se non “existen razóns suficientes e fundadas para que esta empresa se acolla a un ERTE no momento actual, sabendo que a compañía tivo un beneficio neto axustado en 2020 de 320 millóns de euros e un beneficio operativo, sen partidas extraordinarias, de 1.009 millóns de euros”.

“Resulta preocupante esta decisión da compañía polo momento en que chega, pois para garantir a supervivencia da planta e dos empregos tanto directos como das empresas auxiliares, é imprescindíbel acometer novos investimentos e melloras para adaptarse ao novo marco normativo frente ao cambio climático” asegura Néstor Rego. Medidas de adaptación que xa foron anunciadas noutros complexos industriais de REPSOL pero dos que non se fixo aínda público como se concretarán na refinería da Coruña. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias