El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Deportes

BALONMÁN | OURENSE

Ourense, candidata a sede do Campionato Europeo de Balonmán en 2028

24-04-2021 17:33:06
Manuel Baltar (c).

OURENSE | O Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense é unha das catro sedes españolas que integrarán a candidatura conxunta de España e Portugal para acoller o Campionato de Europa Absoluto Masculino de Balonmán 2028. O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e co asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, para pechar o apoio desta institución, para que a cidade de Ourense se converta na única sede galega deste Europeo e unha das catro españolas. Así, Ourense compartirá cartel xunto a cidades como Madrid, Valencia ou Málaga.  

Manuel Baltar destacou que se trata dunha “gran noticia para a provincia de Ourense e a súa promoción en todos os ámbitos” e amosou que “queda patente a nosa dispoñibilidade e vocación para ser esa sede, cuestión que ven de moi bo agrado tanto a Federación Galega de Balonmán como a Secretaría Xeral para o Deporte”. Pola súa banda, Bruno López agradeceu a resposta da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, que se envorcaron nesta candidatura sen dubidar. Ademais, o obxectivo é acadar tamén a colaboración do Concello de Ourense para que as tres administracións vaian da man neste interesante proxecto para a cidade das Burgas e para o balonmán galego, que volvería a ser sede dun evento internacional, tal e como sucedeu no ano 2019 co Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra.  

O presidente federativo insistiu na importancia que terá este evento para afianzar o proxecto da Federación Galega de fomentar o balonmán nesta provincia, que é un dos seus obxectivos a curto prazo. A federación quere apoiar o gran traballo que están a realizar os clubs da provincia para lograr, entre todos, que o noso deporte estea cada vez máis implantado en Ourense.  

Manuel Baltar salientou que a Deputación de Ourense “cree en Ourense como un territorio deportivo, contando cun espazo axeitado para as competicións de alto nivel: posúe un dos pavillóns polideportivos máis importantes de Galicia, o “Paco Paz”, e sabedores da celebración en 2028 do Campionato de Europa de seleccións nacionais absolutas, trasladámoslle ao presidente da Federación Galega de Balonmán a nosa disposición a ser unha das sedes deste campionato, e coa planificación, a privisibilidade e a programación coa que traballamos desde a Deputación, consideramos axeitado saber ler os tempos, anticiparse, e así llo trasladamos ás autoridades federativas, xunto co dossier do pazo dos deportes, instalación deportiva que albergaría eses encontros internacionais”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias