SANTIAGO DE COMPOSTELA | Máis de 250 persoas, entre deportistas, técnicos, -arbitros e delegados, desprazáranse a Santiago de Compostela
para participar no XIII Trofeo de Judo “Cidade de Santiago” – Copa de España Junior que se disputa este fin de semana
baixo a organización da Federacións Galega e Española e o patrocinio do Concello da capital de Galicia e a Secretaria
Xeral para O deporte.
Trala aprobación pola Real Federación Española dun novo formato de Copas de España, que estará vixente exclusivamente ata que sexa posible volver realizar estas competicións no seu formato habitual, a Federación Galega de Judo decidiu propoñer ao Concello de Santiago una nova edición desta competición cos seguintes obxectivos:
1) Facilitar aos deportistas a posibilidade de retomar a participación en competicións con garantias
deportivas e sanitarias, ainda que sexa a nivel autonómico, e clasificarse para a Fase Final do Campionato de España.
2) Facilitar á organización a posibilidade de seguir realizando esta Copa de España que lle permita manter
viva a chama iniciada e o interese suscitado sen perder a categoría que alcanzara o ano anterior ata no caso de que a participación fose moito menor ou exclusivamente da Comunidade Autónoma.
Coa súa inclusión no Calendario Nacional de actividades deportivas este evento cumpre cos obxectivos anteriormente citados e supón un novo reto para a organización no control e aplicación dos distintos protocolos frente ao Covid 19.
Dentro da normativa Nacional figura a realización da competición sen máscara protectora, obrigando a facer
probas de NON COVID a tódolos participantes, adestradores e federativos no día anterior ao campionato e previo á
pesada oficial, quedando confinados no Hotel ata o desenrolo do evento o día posterior que neste caso será o domingo no pavillón municipal do Restollal. Departamento de comunicación