El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

COGAMI

COGAMI e ASNAUGA, a favor da participación en actividades náuticas das persoas con discapacidade

11-05-2021 15:34:04
COGAMI e ASNAUGA, asinan un convenio de colaboración

Co fin de promover contornas que garantan a non discriminación das persoas con discapacidade na participación de actividades náuticas, o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga, e o presidente da Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (ASNAUGA), Javier Ruiz de Cortázar, asinaron un convenio de colaboración nas instalacións que COGAMI ten en Santiago no que tamén estivo presente o coordinador de Accesibilidade de COGAMI, Álvaro García.

Con este acordo, os trinta clubs náuticos que forman parte de ASNAUGA comprométense a organizar actividades inclusivas e non discriminatorias para contribuír na mellora da accesibilidade tanto de infraestruturas e instalacións portuarias como das propias embarcacións de recreo.

Outro dos acordos adoptados tras este convenio é que as actividades de lecer que se deseñen van ser adaptadas a persoas con discapacidade, permitindo o desenvolvemento de capacidades de carácter físico e deportivas. Entre estas actividades atópase a de navegación a bordo do veleiro adaptado Laion, incautado pola Audiencia Nacional ao narcotráfico para cederllo en garda e custodia a unha entidade de COGAMI, sendo outra destas actividades a promoción das dúas rutas establecidas na Travesía Náutica Xacobea. 

ASNAUGA é unha asociación privada sen ánimo de lucro que ten por obxectivo o fomentar servizos e infraestruturas portuarias, un turismo de calidade e accesible que permita diversificar a oferta turística existente e favorecer o desenvolvemento estable do sector náutico e da economía galega, e de todo tipo de actividades deportivas relacionadas co mar e a súa formación especializada. 

COGAMI conta dende o ano 2004 cunha área especializada en accesibilidade que colabora na definición de medidas de accesibilidade, axudas técnicas, ergonomía e supresión de barreiras. Ademais, está comprometida no desenvolvemento de actividades deportivas e de ocio adaptadas as persoas con discapacidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias