El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Deportes

BALONCESTO

A Deputación alíase co Monbus Obradoiro para promocionar a provincia como destino turístico

12-05-2021 15:06:29
Presentada a campaña turística.

SANTIAGO DE COMOSTELA | Valentín González Formoso, visitou hoxe no Multiusos Fonte do Sar de Santiago de Compostela ao Monbus Obradoiro, club de baloncesto co que a Deputación da Coruña se aliou para promocionar a provincia como destino turístico. González Formoso, que foi recibido polo presidente do club, Raúl López, estivo tamén acompañado polo director xeral do club e polos deputados Antonio Leira e Cristina Capelán, responsable da área de Deportes da institución provincial.

O presidente da Deputación da Coruña quixo felicitar persoalmente aos integrantes do plantel “por certificar a súa permanencia, un ano máis, e xa van dez, na Liga Endesa” o que cualificou como “un gran logro que debemos recoñecer e valorar”.

“Entre todos temos a obriga de soster un proxecto que é patrimonio de toda Galicia”, destacou o presidente provincial sobre a colaboración establecida esta temporada entre a Deputación e o Monbus Obradoiro para promocionar a provincia por todo o país a través da campaña turística ‘Unha provincia por descubrir’ que loce nas camisetas dos xogadores e tamén nas pantallas do pavillón.

O presidente do Obradoiro, Raúl López, quixo agradecer “el apoyo de la Deputación” que se concretou nun ano no que o club celebra o seu cincuenta aniversario e resaltou a importancia de ter certificada a permanencia en la ACB para “una ciudad como es Santiago, de 100.000 habitantes, y por eso necesitamos el apoyo provincial”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias