El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

GALICIA | CASO RURAL

Néstor Rego reclama ao Goberno que facilite o relevo xeracional no rural galego

31-05-2021 12:07:50

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas na cámara baixa para que o Goberno do Estado estabeleza unha exención na tributación pola cesión ou o traspaso de explotacións agrogandeiras entre familiares de até segundo grao. A medida camiña co obxectivo de facilitar o relevo xeracional e a incorporación das persoas máis novas ao mundo agraria e fixar poboación no medio rural. Unha medida que tamén suporía a continuidade das pequenas e medianas explotacións do rural galego cada vez máis minguante.

O Tribunal Económico-Administrativo galego ditaminou que se considere como ganancia patrimonial para os pais ou nais a cesión da súa explotación agropecuaria aos seus fillos e fillas. Os traspasos ou cesións terán que ser tributados o que suporá a diminución da economía familiar a pesar de que esta acción non supón tipo de enriquecemento patrimonial nin de que exista un intercambio económico.

“Esta resolución supón un duro golpe para a economía familiar e a das explotacións do medio rural galego. Resulta incompatíbel a exixencia do pago deste tipo de impostos coa potenciación da substitución ou o relevo xeracional e a incorporación de xente moza no mundo agrario” enfatiza o deputado, Néstor Rego. O rural galego “débese manter vivo e en boas condicións socioeconómicas” coa implicación de todas as administración públicas, “incluída a Administración Xeral do Estado” para “garantir que se favoreza a fixación da poboación no rural e a incorporación de persoas mozas nas explotacións gandeiras e agrarias”.

Por este motivo, Rego urxe ao Goberno do Estado a que se estabeleza unha exención na tributación pola cesión ou traspaso de explotacións agropecuarias entre familiares de até o segundo grao para facilitar así a substitución xeracional, a incorporación de persoas mozas ao mundo agrario e a fixación de poboación no medio rural. Unha iniciativa “que aposte polo relevo xeracional e evite a precarización das familias”.

“Na maior parte dos casos os cesionarios xa viñan traballando ou colaborando na xestión, pero deciden dar un paso, actualizar a titularidade, e apostar por unha renovación e modernización da explotación” destaca o deputado nacionalista. En ningún caso este tipo de operacións suporían “unha venda, nin existiría un incremento patrimonial, que segue sendo familiar”. Rego afirma que se deben declarar os ingresos á Axencia Tributaria cando se produzan, mais “entendemos que neste caso o incremento patrimonial só se da sobre o papel e non hai intercambio económico”.

A formación nacionalista lembra que o mesmo Tribunal xa resolveu no pasado a favor da non tributación diante da AET no caso de traspasos patrimoniais entre cónxuxes en réxime de gananciais, decisión que tivo un efecto positivo e evitou a precarización das familia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias