El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CAMIÑO ESCENA NORTE

Nova Galega de Danza, Elefante Elegante e Tanxarina participarán na III edición de "Camiño Escena Norte"

21-06-2021 16:29:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Camiño Escena Norte afronta neste 2021 a súa edición máis ambiciosa. A iniciativa de intercambio artístico e profesional amplía nesta terceira tempada a súa programación coa incorporación de novas sedes e compañías, o que permitirá achegar as artes escénicas a un público cada vez máis amplo e diverso nas catro comunidades participantes: Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. 

As comisións profesionais de selección artística de Camiño Escena Norte, formadas por destacados xentes do sector de cada comunidade autónoma, xa escolleron as compañías e espectáculos que participarán nesta terceira edición no programa de exhibición, nomeado Itinerario Constelacións. No caso galego, as seleccionadas para levar os seus espectáculos a Asturias, Cantabria ou Euskadi son Elefante Elegante (con Tanxarina (Nova Galega de Danza (Leira).  

Pola súa banda, as representantes asturianas son A66 Producciones (Abre el ojo), Meraki Cía (Adrián Conde Espectáculos (Recuerdos); mentres que as cántabras son Anabel Díez Producciones (La casa de Bernarda Alba), Babirusa Danza ( La Machina Teatro (Marie de Jongh (Ados Teatroa (Lloviendo ranas) son as compañías vascas seleccionadas este ano. 

As funcións e actividades paralelas que conforman o Camiño Escena Norte, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), terán lugar entre o 12 de setembro e o 10 de outubro. Este ano o proxecto mantén as súas sedes habituais e incorpora novos espazos nas catro comunidades, ata acadar un total de 32 lugares de exhibición ao abeiro desta rede de produción escénica que se vertebra a través do territorio que percorre o Camiño do Norte.  Así, en Galicia, á rede conformada por Arzúa, Lugo, Mondoñedo, Negreira, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sobrado dos Monxes e Vilalba, únese nesta edición Melide. Nas comunidades polas que tamén transcorre a ruta xacobea, súmanse espazos culturais das vilas de Pola de Lena, Potes e Eibar. 

Desde xeito, o público galego poderá gozar ao vivo do teatro da danza producidas en Asturias, Cantabria e Euskadi en nove puntos: a Praza da Quintana e o Salón Teatro (Santiago de Compostela), a Praza da Catedral (Mondoñedo), o Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo), o Auditorio Municipal Hernán Naval (Ribadeo), a Capela da Madanela (Arzúa), o Auditorio Municipal de Melide, o Auditorio Municipal Carmen Estévez (Vilalba) e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes. 


Programa de residencias Cruzamentos

Ademais das representacións con público, unha das características máis salientables de Camiño Escena Norte é a realización de Cruzamentos, un programa de intercambio escénico, artístico e profesional, a través de residencias, que promove a creación, investigación e formación escénica. Á vez, a iniciativa favorece a xeración e fortalecemento dun tecido de espazos cómplices entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi que conecten o traballo de creadores e compañías dos catro territorios. 

Neste 2021 desenvolveranse catro residencias, unha en cada comunidade participante, e cadanseu intercambio contará cun mínimo de dúas compañías de diferente orixe. O programa de encontros, que se desenvolverá entre a segunda quincena de agosto e as dúas primeiras semanas de setembro, celebrarase en sete sedes diferentes. No caso de Galicia, os espazos nos que se darán os intercambios serán a Cidade da Cultura e o Auditorio de Negreira. 

As propostas seleccionadas pola Comisión Profesional de Camiño Escena Norte para o intercambio, no caso galego, son Licenciada Sotelo, Ibuprofeno Teatro, Caramuxo Teatro e Pedras de Cartón. A relación de Cruzamentos é a seguinte:

.- Galicia | Cidade da Cultura e Auditorio de Negreira. Licenciada Sotelo (Galicia) e Babirusa Danza (Cantabria). Investigación arredor do proxecto Mortais e vulnerables.  

.- Asturias | Laboral Ciudad de la Cultura (Xixón). Saltantes Teatro e Luz de Gas Teatro (Asturias) e Ibuprofeno Teatro (Galicia). Traballo arredor do proxecto Tejiendo cordura con hebras de locura

.- Cantabria | Enclave Pronillo-Fundación Santander Creativa (Santander) e Teatro Municipal Concha Espina (Torrelavega) Zig Zag Danza (Asturias) e Escena Miriñaque (Cantabria). Desenvolvemento do proxecto para a primera infancia Mímesis. 

.- Euskadi | Centro de Innovación en Producción Escénica Harrobia Eskena (Bilbao). Caramuxo Teatro e Pedras de Cartón. (Galicia) e Marie de Jongh e Teatro Paraíso (Euskadi). Estudo sobre dous proxectos: Crisálida e Lázaro de Tormes.


Sobre Camiño Escena Norte

Camiño Escena Norte é un proxecto cultural promovido polas entidades profesionais de produtoras de artes esce?nicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (Pai?s Vasco). Todas elas conforman a supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto. 

Camiño Escena Norte promove desde 2019 o encontro entre profesionais no ámbito das artes escénicas que desenvolven o seu labor nos territorios vertebrados por un simbólico itinerario de produción escénica que toma como referencia os vieiros que conforman o Camiño de Santiago do Norte. A base desta proposta é unha intensa programación escénica que se expande á fin de promover sinerxías, encontros co público e a reflexión no propio sector; ademais de  pór en valor a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes das producións galega, asturiana, cántabra e vasca. 

A iniciativa conta co apoio económico de gobernos e institucións das catro comunidades autónomas implicadas, así como do Goberno de España a través do Ministerio de Cultura e Deporte e do INAEM. En Galicia, Camiño Escena Norte conta co apoio destacado da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, ademais da Fundación SGAE, a Deputación de Lugo, a Deputación da Coruña e o Concello de Lugo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias