El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

POLÍTICA

Valentín González: "Hai que aproveitar a oportunidade dos Fondos Europeos para conectar o mundo rural e o emprego"

22-06-2021 12:31:07

A CORUÑA | A Agrupación Provincial Socialista da Coruña organizou onte unha xornada en liña sobre “O reto demográfico e as políticas públicas”, para tratar un dos desafíos máis importantes tanto para o país, como para o propio partido. A xornada estivo conducida por Obdulia Taboadela, secretaria provincial de Estudos e Programas. 

Valentín González Formoso, secretario xeral dos socialistas na provincia, inaugurou as xornadas, dando conta da importancia dos Fondos Europeos para o rural e, sobre todo, para os concellos galegos. “Estes fondos precipitan unha nova forma de entender Europa e incorporar eixos estratéxicos como a transición ecolóxica, o reto demográfico ou a dixitalización, que lle daría un bo impulso aos concellos pequenos”, afirmou. 

O secretario provincial recalcou ademais a importancia de “aproveitar esta oportunidade dos Fondos Europeos para conectar o mundo rural e o emprego”. González Formoso incidiu en que os 93 concellos da provincia “teñen unha dependencia inversora e de necesidade de asistencia case exclusiva da Deputación da Coruña”, polo que estes fondos “son unha segunda oportunidade para os concellos pequenos”.

No relativo ás accións levadas a cabo polos socialistas dende a Deputación da Coruña para loitar contra o reto demográfico, “unha liña transversal en todas as nosas accións”, o líder provincial recordou o Plan de Emprego Local e o apoio ao emprendemento, a través da rede provincial de coworkings.

A xornada contou tamén coa participación de José Miñones, Delegado do Goberno en Galicia, e relator do Documento Marco do 40º Congreso Federal do PSOE, onde abordará o 'Municipalismo e Medio Rural no Socialismo do século XXI'. 

“Agora é o momento dos municipios”, recalcou Miñones, quen explicou “que alí onde gobernan os socialistas, temos un selo de identidade que queremos identificar como o selo QS de calidade socialista”. O delegado do Goberno deu conta das liñas do carácter QS como “a transparencia, a xestión municipal, os servizos sociais, a saúde”, entre outros.

O evento contou ademais coa intervención de Antidio Fagúndez, portavoz da Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Goberno, quen abordou a estratexia para loitar contra esta eiva, que vén de ser aprobada polo Consello de Ministros. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias