El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

CULLEREDO

Finalizan as obras de humanización da avenida Ribados

Tras un investimento de 252.000 euros do Plan Único.

06-07-2021 11:52:22
Valentín González Formoso (i), y José Ramón Rioboo.

CULLEREDO | O presidente da  Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, visitaron hoxe a recentemente renovada avenida de  Ribados, situada no corazón do Burgo. A modernización da vía, efectuada polo  Concello co financiamento provincial, supón unha mellora integral en canto a funcionalidade e estética.  

Esta intervención, con cargo ao Plan Único da Deputación, ten como obxectivo principal dotar ao peón de maior protagonismo nun dos  principais núcleos residenciais de Culleredo. A humanización desenvolveuse desde a intersección con Costa da  Lonxa ata  Visitación de la Encina.  

A actuación incluíu a reforma das beirarrúas, para garantir a mellora da mobilidade, e das zonas de aparcamento, en formigón impreso. Variouse o eixo da estrada para poder ampliar as beirarrúas e que cumpran cos criterios de accesibilidade.  

Dotouse, tamén, a este espazo de novas plantacións de árbores e mobiliario urbano, coma bancos e papeleiras, para prestar servizos adecuados aos veciños da zona. Así mesmo, incluíuse a canalización para o futuro soterramento da liña eléctrica, que actualmente discorre por vía aérea.  
 As obras incluíron tamén a colocación de novos elementos de iluminación, de tipo LED, con columnas de 8 metros de altura. Tamén se mellorou a rede  de recollida de pluviais, con novos colectores e pozos de rexistro, a de abastecemento, con novas tubaxes, e a de saneamento.
 
González Formoso destacou que a obra, cun investimento de 252.021 euros é un exemplo de cómo o Plan Único axuda a mellorar as infraestruturas e servizos municipais e a renovar espazos coma a avenida de Ribados, “facendoos máis accesibles, mais seguro e cómodos para os peóns”.
 
O presidente da Deputación sinalou que, desde a súa creación en 2017, o Plan Único leva investido 7,5 millóns de euros en Culleredo e permitiu a aprobación de máis de 50 obras de mellora das infraestruturas do municipio. Novos sistemas de alumeado enerxéticamente sostible, renovación de rúas, prazas e parques infantís e incluso obras coma a glorieta da zona do Pasaxe foron financiadas con cargo ao POS+, que neste 2021 conta cunha achega de 1,8 millóns de euros e permitirá, entre outras obras, construír unha rotonda na avenida de Vilaboa que regule o tráfico na N-550 cun investimento de máis de 568.000 euros.
 
O alcalde, Jose Ramón Rioboo, agradeceu a González Formoso “a implicación da Deputación nun proxecto que incrementa a calidade de vida da cidadanía”. O alcalde sinalou o resultado da actuación, que abarcou todos os ámbitos, como “exemplo da rexeneración urbana” que promoverá en todas as parroquias.
 
Rioboo avanzou así mesmo que, completadas estas obras neste tramo, o  Concello tramita a súa continuación nunha segunda fase que incluirá a rúa  Visitación de la Encina.
 

Adxudicado a dragaxe da Ría  

Ademais, Rioboo acompañou ao presidente da Deputación para comentar a recente contratación do proxecto de dragaxe da Ría do Burgo, tras a adxudicación das obras realizada polo Goberno do Estado. Será executado pola empresa UTE ACCIONA- MATÍAS  ARROM  BIBLIONI quen, cunha baixa do 33,66% acometerá o proxecto por algo máis de 32 millóns de euros.As obras levarán a cabo nun prazo estimado de 26 meses.
 
O primeiro edil destacou a “relevancia” desta intervención, que marcará a “folla de ruta de futuras obras para seguir humanizando o noso municipio”, avanza, á súa vez que recalca que “un dos grandes obxectivos é que Culleredo sexa un lugar máis  transitable, verde e exemplo de sustentabilidade”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias