PONTEVEDRA | O pasado venres levouse a cabo, na sede de APE Galicia en Pontevedra, o acto da firma do convenio de colaboración entre o presidente da Asociación Intersectorial e Interritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, José Ramón Caldas, e a presidenta da Asociación Empresarias de Galicia, Susana Pérez Iglesias, co que ambas entidades comprométense a traballar xuntas para mellorar e ampliar a oferta formativa para as persoas que representan.
Segundo o acordo suscrito, no que tamén estiveron presentes a secretaria xeral de APE Galicia, Sonia Acuña, e a vicepresidenta da Asociación Empresarias Galicia, Arancha Mañas. Con este acto, as dúas entidades quixeron certificar a súa relación, que pretenden que sexa o máis beneficiosa posible sobre todo para as pequenas empresas e as persoas traballadora autónomas.
Tal e como lembrou José Ramón Caldas,”a difícil situación que estamos a vivir coa crise da Covid-19, que tanto está a afectar ao sector, necesita da unión e do traballo en conxunto para poder saír adiante”, e con ese obxectivo xurde a alianza. Pola súa parte, Susana Pérez Iglesias, mostrouse satisfeita e optimista de que este convenio resulte produtivo para os intereses e necesidades das suas asociadas.
Sumando asociados
Con esta firma, APE Galicia segue crecendo e ofrecendo a seus servizos ao maior número de persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas de Galicia. Dende principios deste ano 2021, o presidente de APE firmou os seguintes convenios de colaboración: Confederación de Empresarios de A Coruña, Federación de Prazas de Abastos de Galicia, Acisa Ribadeo, Asociación Empresarial Veterinaria de Galicia, Asociación de Tintorerías y Lavanderías de Pontevedra, Asociación de Empresarios de la Comarca de Arzúa, IEN por Europa, Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Asociación de Empresarios de Culleredo, Confederación Empresarial de Ourense, Asociación de profesionais e pequenos empresarios da Parda, A Cofradía de pescadores de Lourizán ou a Asociación de instaladores eléctricos e de telecomunicaciones de ourense e provincia.
Ademais, está a manter contactos con diversas asociacións galegas de todos os sectores coa posibilidade de que nun futuro poidan formar parte de APE Galicia e, así, traballar xuntos para axudar aos que están pasándoo mal pola pandemia e axudar na recuperación económica de Galicia. Porque xuntos somos máis fortes. Departamento de comunicación