El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

GALICIA | RENFE

O BNG reclama a RENFE manter o tren directo entre Ponferrada e Vigo

15-07-2021 13:10:22
Néstor Rego, deputado do BNG.

MADRID | O BNG denuncia un novo recorte dos servizos ferroviarios na Galiza tras coñecer a decisión do executivo estatal de suprimir o tren directo entre Ponferrada e Vigo. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama que se manteña esta liña e a recuperación de todas as conexións suspendidas pola pandemia. Urxe ademais a dotación do persoal e medios necesarios para manter un servizo ferroviario adecuado, así como unha baixada no prezo dos billetes do tren AVANT que conecta as principais cidades da Galiza. 

Máis unha vez a formación nacionalista reclama a reactivación de todas as liñas que foron suprimidas pola pandemia xerada pola COVID-19. A liñas suprimidas como a de Ourense-A Coruña das 6.45h, súmaselle agora a decisión de Renfe de suprimir a liña directa entre Ponferrada e Vigo con saída ás 6.15h e con chegada a Guixar ás 11.27 h. Con esta supresión os principais núcleos do sur de Lugo, Ourense e Pontevedra perderán unha das súas principais conexións ferroviarias, un servizo esencial no día a día da súa veciñanza.

“Esta liña ferroviaria conecta non só Vigo con Ourense e Ponferrada, senón que da servizo a veciñanza de vilas como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Monforte, Ribadavia, Salvaterra, O Porriño e Redondela que veranse privados dun servizo básico como é o transporte ferroviario” denuncia o deputado do BNG no Congreso. Coa supresión da conexión directa as persoas usuarias que viaxen a Vigo desde Ponferrada ou mesmo Valdeorras tardarán dúas horas máis no traxecto. “De catro horas e media, a viaxe pasará a seis horas en media por ter que facer un transbordo en Ourense” recrimina Rego. 

O deputado do BNG no Congreso sinala que o executivo estatal está a realizar “o desmantelamento dos servizos ferroviarios na Galiza cunha folla de ruta calculada para seguir pechando estacións e suprimir liñas”. Unha estratexia que, para a formación nacionalista, parte dunha “visión centralista que prima as conexións con Madrid e deixa esmorecer os servizos ferroviarios do interior da Galiza”. O Goberno do Estado non está a favorecer que o transporte ferroviario sexa “atraínte para potenciais usuarios e usuarias” así como tampouco permite que os cidadáns habituais do transporte público “continúen a empregalo pola suspensión dos servizos”. 

Por este motivo, o deputado nacionalista reclama o mantemento do tren directo Ponferrada-Vigo, así como a reposición do resto de liñas e frecuencias que foron suspendidas durante a pandemia do coronavirus, como é o caso da ligazón das 6:45 entre Ourense e A Coruña con parada en Santiago, para “conectar de maneira adecuada as cidades e vilas da Galiza e dotar de persoal suficiente os servizos ferroviarios do País”. 


Pular por un medio de transporte sustentábel

A formación nacionalista defende a conexión ferroviaria entre as principais vilas e cidades do país porque “é un medio de transporte sustentábel. O deputado recrimina que o executivo español “ten abandonadas as infraestruturas ferroviarias, particularmente as de conexión interior e a suspensión desta liña é un exemplo máis. Mentres no resto do Estado o Goberno inviste para modernizar o transporte de proximidade, tanto de transporte como de viaxeiros, na Galiza non existen aínda conexións entre as diferentes cidades, mais para o Ministerio segue sen ser unha prioridade”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias