El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

Os Diálogos Literarios de Mariñán abordan a diversidade das literaturas ibéricas

05-06-2007

A presidenta da Fundación Carlos Casares, Kristina Berg, e o máximo mandatario da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron no pazo coruñés de Mariñán a IV edición dos Diálogos Literarios, celebrados cada ano en memoria do escritor ourensán. Berg salientou que o encontro se ten consolidado como "un espazo propio e de debate" e que ao longo de catro anos se converteu nun evento "de referencia". Pola súa banda, Fernández Moreda lembrou que os Diálogos Literarios naceron hai catro anos inspirados nos Encontros de Verines, que cada ano se celebran en Asturias e do que Casares, xunto a Víctor García de la Concha, foi un dos principais impulsores. Os diálogos comezaron esta mañá cun debate titulado 'Prismas de Iberia', no que participaron a xornalista e escritora portuguesa Inés Pedrosa e o ensaísta vasco Jon Kortázar. As mesas de traballo continuarán pola tarde, co título 'Poesías' e coa intervención de Pere Rovira e Luis Garcís Jambrina. O público xeral poderá asistir a un dos diálogos, que se celebrará o mércores no auditorio da Fundación Caixa Galicia baixo o título 'Os poetas falan de si', con Luis Alberto de Cuenca e César Antonio Molina. Pola mañá, o Pazo de Mariñán recibirá a María do Cebreiro e Teresa Moure, que falarán de literatura e muller. As xornadas rematarán o xoves, con Antón Lopo e Luis Rei Núñez, que abordarán a relación entre literatura e comunicación, así como con Carme Riera e Luz Pozo, que abordarán 'A experiencia de escribir'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias