El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

RIBADAVIA | TEATRO

A XXXVII Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presenta a mítica creación de Christos Papadopoulos Elvedon

Por primera vez en España.

22-07-2021 16:20:04

RIBADAVIA | O encontro de referencia coa vangarda e a innovación escénica de Galicia afronta a súa recta final, até este domingo, cun dos pratos fortes internacionais do seu programa. O venres, ás 23.00 horas, no Auditorio “Rubén García” do Castelo, terá lugar a única cita que o coreógrafo Christos Papadopoulos, unha das figuras en auxe da escena contemporánea europea dos últimos tempos, ten na súa axenda española para este verán. A estrela grega da danza contemporánea visitará por primeira vez Galicia para presentar, en Ribadavia, a primeira creación coa que recibiu unha grande acollida tanto por parte do público como da crítica: Elvedon, unha peza baseada na novela Las Ondas, de Virginia Woolf. O espectáculo, que ten como fío condutor o paso do tiempo, e que xirou por teatros de toda Europa, poderase ver por primeira vez en España nesta 37ª MIT.

De cara a o día de hoxe, ás 23.00 horas, chegará a quenda dunha das compañías galegas de maior percorrido, Sarabela Teatro, que presenta, no Castelo, o seu espectáculo A lingua das bolboretas. Antes, ás 20.00h, na Igrexa da Magdalena, o coreógrafo e bailarín galego experimental Javier Martín mostrará a súa creación Os actos da inercia. E, ás 21.00 oras, no marco do programa SputMIT, o público poderá gozar das Fábulas da montaña, de Larraitz.

Por outra banda, unha das pezas que está a revolucionar o panorama da danza contemporánea en Galicia, Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada (venres 23, ás 21.00 horas, no Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura), servirá de aperitivo da estrea en España de Elvedon, de Christos Papadopoulos (venres 23, ás 23.00 horas, no Auditorio “Rubén García” do Castelo). Tamén o venres 23, ás 20.00 oras, Caxoto presentará, dentro do programa SputMIT, a súa peza Xeliña fala galego

O programa que a 37ª MIT propón para o sábado 24 de xullo contará tamén con tres propostas escénicas diversas. Así, Cris, pequeña valiente chega ao Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura ás 21.00h da man de El espejo negro. A peza, coproducida polo Teatro Soho de Antonio Banderas, é una creación para público familiar que aborda a temática da transexualidade. Esa mesma noite, o Auditorio do Castelo será testigo, ás 23.00h, da representación de Querido capricho, unha produción do Centro Dramático Nacional e Malala Producciones, asinada por Tomás Cabané e protagonizada por Tomás Pozzi, que narra unha historia de amor non correspondido, a través de encontros, recordos, cancións e misivas. Finalmente, á 01.00h, no marco de Ruadavia, a compañía de novo circo galega Pistacatro presentará o espectáculo de danza vertical Vértigo.

O encargado de por o broche dourado á programación da MIT o domingo 25 de xullo será o artesán escénico Manolo Alcántara, co espectáculo Déjà vu, unha premiada peza de teatro físico que destaca pola súa espectacular escenografía (ás 23.00h, no Auditorio do Castelo). O domingo, o público poderá descubrir a proposta de circo acrobático e teatro xestual Distans, un espectáculo orgánico, sensible e divertido de Vol’e Temps, gañador do Premio FETÉN 2019 (ás 21.00h, na Alameda). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias