El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

O PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA

Reclaman que Función Pública revise as bases do concurso xeral de traslados do 2019

30-07-2021 19:00:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A Xunta deixou sen baremar a un gran número de persoal funcionario que participou no último concurso xeral de traslados, convocado o día 25 de novembro de 2019.

As bases do concurso establecían que o persoal que pretendese participar no concurso debía, en primeiro lugar, facer unha solicitude de participación, en segundo lugar, elixir os postos aos que pretendía acceder e, por último, validar os méritos que están en poder do órgano convocante, a Dirección Xeral de Función Pública.

Un gran número de participantes (900 segundo os sindicatos) non fixemos o último paso, ao entender que a documentación que está en poder da Administración non debe ser achegada polos cidadáns, como establece o artigo 28 da Lei 39/2015.

Os/as afectados por este erro da Administración pedímoslle a Función Pública que revise as bases da convocatoria, ao entender que violan o principio de xerarquía normativa, e que baremen os nosos méritos segundo o noso expediente administrativo, que teñen no seu poder.

O día 23 de xuño de 2021 publicouse no DOG a convocatoria doutro concurso de méritos, para o corpo de finanzas, e xa non aparece a obriga de presentar/validar a documentación que a Administración ten no seu poder. Recoñecen tacitamente que  ese punto das bases é ilegal, por iso esiximos que de non retirar este punto da convocatoria do ano 2019,  que, ou se nos validen de oficio os méritos que obran no noso expediente, ou que se nos de prazo para subsanar. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias