OLEIROS | O presidente da Deputación da Coruña,
Valentín González Formoso, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seone,
inauguraron oficialmente hoxe no parque Luís Seoane de Santa Cruz a XXVII
edición de Alafaroleiros, unha das feiras de artesanía más importantes de
España, que conta co apoio da institución provincial e reunirá durante esta semana a 23 artesáns españois
e portugueses no municipio.
O presidente provincial que destacou que a
tradición do oficio que da nome ao municipio de Oleiros visualízase nestra
mostra ao aire libre, unha das máis importantes do país “que nin a pandemia
conseguiu parar”.
“Oleiros e Buño son dúas referencias da artesanía
da olería da provincia da Coruña e de Galicia, que na Deputación tratamos de
coidar e acompañar”, sinalou González Formoso.
Pola súa banda, o alcalde de Oleiros, Ángel
García Seoane, deu a benvida ao municipio aos 23 artesáns que participan na
feira e agradeceu a “importante colaboración económica” da Deputación para que
se poda celebrar.
“En Oleiros facemos feiras para os artesáns que
están olvidados en moitas partes do país e que manteñen viva a historia de
centos de anos. Estamos falando de loitadores que manteñen a tradición, de
artistas que poñen un mimo especial en cada peza”, apuntou o rexedor oleirense
na súa intervención.
Durante as vindeiras xornadas, Alfaroleiros
contará con exposicións, demostracións de artesanía en vivo e numerosos espectáculos
e actividades culturais, coma música, teatro e cine.
Programación
para hoxe
Ás
19:00 horas, no parque Luis Seoane, realizarase a presentación do libro Cociña
e Barro. Unha publicación elaborada por un grupo de persoas maiores que
participan nun dos obradoiros municipais de memoria na que se recolle unha
importante relación de pezas de barro para cociñar diferentes receitas
tradicionais.
Ás
20:00 horas, na praza Esther Pita, haberá teatro e novo circo dirixido a todos
os públicos: Ohlimpiadas!, da compañía Las Sincr, un espectáculo que forma
parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Para
pechar a xornada, ás 21:00 horas no parque Luis Seoane, Wilson Ortega e Havana
Soul ofrecerán un concerto no que fundirán a música cubana con soul, jazz e
música galega.
Todas
estas actividades son abertas e gratuítas. A reserva de prazas realizarase na
propia feira, no posto do Concello de Oleiros, a partir das 19.00 horas. Departamento de comunicación