TEO | A Asociación de Pais de Persoas con Diversidade Funcional de Teo
(ASPAMITE) inicia as obras de acondicionamento e mellora das condicións
térmicas e de salubridade da planta baixa do seu local social. Este
local foi cedido polo concello de Teo a Aspamite durante 50 anos. A
través desta obra menor Aspamite pretende mellorar as condicións de
vida das persoas usuarias e do persoal que traballa na Asociación, así
como mellorar a prestación dos servizos que se ofertan na súa sede.
Para
poder executar esta reforma a entidade conta co financiamento da Xunta
de Galicia, procedente da convocatoria de subvencións con cargo á
asignación tributaria do 0,7% do IRPF, que as persoas contribuíntes
derivan marcando o X solidario na declaración da renda, destinadas á
realización de programas de interese xeral para fins de carácter social,
e a cal é xestionada dende COGAMI. Outra parte do financiamento desta
obra realízase a través da Deputación de A Coruña a través da
convocatoria de subvencións para investimento de Servizos Sociais
durante o ano 2021.
A Asociación de Pais de Persoas con
Diversidade Funcional (ASPAMITE) é unha organización sen fins de lucro e
declarada de Utilidade Pública constituída no ano 1994 para a atención a
persoas con diversidade funcional. Aspamite é entidade membro de COGAMI
(Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Departamento de comunicación