El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Deportes

MUNDIAL DE TRÍATLON

Pontevedra acollerá en 2023 as finais do Mundial de Tríatlon

18-11-2021 15:58:52
Carmela Silva e Fernández Lores.

PONTEVEDRA | A Xunta Executiva do Mundo de Tríatlon aprobou a adxudicación das finais do Campionato do Mundo de Tríatlon 2023 a Pontevedra. E na cidade galega coroaranse os campións do Mundo para as carreiras Elite, Sub-23 e Paratriatlón, así como para a distancia estándar de grupos de idade, a distancia Super Sprint de grupos de idade e os Campionatos do mundo de Aquabike de distancia estándar de grupos de idade.

A final do Campionato é a xoia da coroa do calendario anual do Tríatlon Mundial. Os anfitrións anteriores foron cidades como Londres, Budapest, Pequín, Auckland, Chicago, Gold Coast, Lausana e Edmonton, e a próxima está prevista para Abu Dhabi en 2022. "Estamos encantados de que Pontevedra, que ha demostrado ser un anfitrión fantástico de múltiples deportes en el calendario mundial de triatlón, ahora reciba a los mejores triatletas del mundo para las finales del campeonato en 2023", dixo a presidenta do mundo de triatlón e membro do COI, Marisol Casado.


José Hidalgo

José Hidalgo, presidente da Federacion Española de Tríatlon (FETRI), indicou que "para Pontevedra, la organización de la gran final de las Series Mundiales de Triatlón en 2023 supone completar un ciclo, porque es la única competición que les quedaba por organizar y poniendo un broche de oro. Siempre ha respaldado los mayores proyectos de  competiciones internacionales, campeonato de Europa en 2011, campeonato de Europa de duatlón en 2014, Mundial multideporte en 2019, y ahora la Gran Final en el ‘23. Y lo mismo sucede con España, que ha sabido capitalizar y ha sabido responder como ha sido necesario en los tres últimos campeonatos del mundo este año. Y esto es un respaldo a la ciudad de Pontevedra y a la Federación Española de Triatlón y el trabajo que estamos realizando".

Pontevedra foi sede en 2019 dos Capmionatos do Mundo Multideporte, con Javier Gómez Noya alzándose co título mundial de longa distancia fronte a milleiros de espectadores nunha das probas máis memorábeis do calendario do Mundo de Triatlón en anos. 


Gómez Noya 

Gómez Noya, pentacampeón mundial, dixo que "para un deportista de elite español e galego que competiu en todos os recunchos do mundo contar coa gran final en casa, na miña cidade, é unha alegría absoluta. Pontevedra é garantía de éxito, de saber facer as cousas e unha garantía total de éxito. E estou convencido que tanto os deportistas como os cidadáns de Pontevedra van acoller esta noticia coa máxima ilusión".

"Corrín case todas as Finais Mundiais de Tríatlon, nalgunhas das cidades máis incribles do mundo, pero as palabras non poden describir o emocionado que estou de que unha pequena cidade como Pontevedra, a miña cidade, estea agora entre as mellores cidades para acoller eventos de tríatlon", sobliñou o cinco veces campión do mundo.


Fernández Lores 

O alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, así mesmo, mostrouse entusiasmado coa noticia e destacou o compromiso da cidade co tríatlon e os seus eventos: "Para Pontevedra, a organización da gran Final das Series Mundiais de Tríatlon en 2023 supón completar un ciclo, porque é a única competición que quedaba por organizar e ponlle un broche de ouro. Sempre apoiou os maiores proxectos de competicións internacionais, o campionato de Europa en 2011, campionato de Europa de dúatlon en 2014, mundial multideporte en 2019, e agora a Gran Final no 23. Isto é un respaldo á cidade de Pontevedra e á Federación Española de Tríatlon e o traballo que "Acollemos con moitísima ilusión e gran fortaleza ser a sede da Gran Final das World Series de 2023. E para iso contamos co apoio tanto de toda a nosa cidadanía como das institucións públicas locais e estatais e das Federacións de Tríatlon. Queremos organizar un evento memorable pensado para as grandes competicións e para a felicidade e satisfacción das e os atletas, así como de toda a gran familia do tríatlon", afirmou. 

Ademais, o alcalde de Pontevedra destacou que "entre nós, como parte da gran familia que formamos Pontevedra e o Tríatlon Internacional, temos a Javier Gómez Noya, un dos nosos cidadáns ilustres. É unha persoa que representa os valores centrais do Olimpismo: a excelencia, a amizade e o respecto. Valores que identifican á perfección as apostas de Pontevedra e a Federación Española de Tríatlon na organización de grandes eventos deportivos. Con el compartimos os nosos mellores soños. Levamos no sangue o deporte, a vitalidade dunha cidade que vibra na rúa con cada carreira, con cada corazón en marcha para competir con alegría. E por iso queremos bater marcas cada vez mellores. Vémonos en Pontevedra no 2023". 


Carmela Silva 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinalou e enorme felicidade que lle produciu saber da noticia, aínda "estando segura de que Pontevedra ía ser escollida por unanimidade". "Considero que este é un evento de relevancia, un evento moi grande que situará á cidade a nivel galego, nacional e mundial como unha cidade que aposta polos grandes eventos deportivos, pero a realidade é que vai ser un evento para toda a provincia e para toda Galicia. Os eventos anteriores encheron hoteis de moitos lugares desta provincia, deixando unha repercusión económica non só en Pontevedra. Cremos desde a Deputación que é moi intelixente optar a este tipo de citas, e así queda claro naqueles lugares onde son realizados". 

"Estes eventos promoven un turismo sostíbel, forman parte dos grandes ítems do novo turismo. A Deputación, igual que fixo con anterioridade, con todas as grandes citas desta clase estará co Concello, coa cidade, para que isto sexa un grande éxito. Cousa que está garantida vendo a historia e a experiencia desta cidade. Agardo que outras administracións tamén apoien este gran evento, pos referencia a toda Galicia e a todo o Estado, con miles de seguidores no mundo". Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias