El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | ENSINO

Sindicatos reclaman a ampliación do programa ARCO e que se cubran as baixas docentes nos centros galegos

16-12-2021 15:09:22
Suso Bermello, secretario nacional.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Representantes dos sindicatos educativos galegos reclamaron hoxe á Consellería de Cultura, Educación e Universidade que estenda os contratos de reforzo e apoio a alumnado con necesidades especiais vinculados ao programa ARCO e que se cubran todas as baixas de profesores que se están rexistrando nos centros, sobre todo ante o contexto de pandemia que está a afectar especialmente ao alumnado sen vacinar. 

Delegados da CIG-Ensino concentráronse ante a sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela para denunciar "a pandemia dos recortes" que sofre o sistema educativo e reclamar "menos ratio e máis docentes" para asegurar a atención aos menores, especialmente aos máis vulnerables. 


Baixas sen cubrir, tamén en plena pandemia

A CIG-Ensino considera totalmente insuficiente a rectificación da Consellería logo da denuncia do sindicato ao non se estaren a cubrir as baixas desde o venres 10 de decembro. O feito de que a Consellaría reaccionase cubrindo 19 baixas de Infantil o propio venres, deixando 96 substitucións sen cubrir nese mesmo día, 59 delas do resto de especialidades de Primaria e 35 dos corpos de secundaria e outras ensinanzas, só obedece á unha decisión planificada por parte dos responsábeis políticos da Consellaría de Educación de supeditar todo a recortar “gastos” sexa como sexa. No momento de redactar esta nova atopámonos con 193 baixas sen cubrir, 131 delas en infantil e primaria.

A decisión da Consellaría de deixar sen cubrir prazas cando se aproximan períodos non lectivos como o Nadal ou a semana santa ou o final de curso é unha irresponsabilidade, porque implica deixar sen docencia a centos de nenos e nenas durante, nalgúns caso, períodos superiores a quince días. Forma parte dunha “normalidade tóxica” desta administración que se repite case todos os cursos. Mais se en calquera momento xa ten recibido a contundente crítica da CIG-Ensino, ás veces con rectificacións da Consellaría, que se dea neste momento é un insulto ao alumnado, ao profesorado e ao conxunto da comunidade educativa, estando como estamos en plena pandemia. Tense dado o caso de que nalgún centro de primaria (nos que se mantén o criterio de non mesturar os denominados “grupos burbulla”) se ten indicando a unha única docente que se faga cargo de “custodiar” o alumnado de dúas aulas diferentes sen que entren en contacto.


Os contratos ARCO, máis parches que nunca

As críticas da CIG-Ensino tamén se estenderon á decisión da Consellaría de non ampliar os contratos do profesorado vinculado ao programa ARCO. Neste caso, as demandas feitas polo sindicato diante da Dirección Xeral de Centros non foron tidas en consideración en ningún momento e mantense a decisión de cesar a todo estas compañeiras e compañeiros no remate da actividade lectiva do mes de decembro, malia teren comezado os seus contratos con máis dun mes de retraso sobre o publicitado polo conselleiro de Educación. Os contrato, pensados para o reforzo educativo a partir do comezo de curso, non comezaron até outubro, e mesmo nalgúns casos, chegando até finais de mes sen cubrir as prazas.

A CIG-Ensino sempre se mostrou contraria a estre tipo de contratos programa e solicita que todos os fondos orzamentarios para contratar profesorado de reforzo se faga incrementando os cadros de persoal durante todo o curso escolar. Neste sentido, desde o sindicato consideramos que Educación debe rectificar e tomar a decisión de ampliar os contratos. Somos conscientes da necesidade de que se faga até o final de curso, mais como mínimo debería ser durante toda a duración prevista inicialmente no programa, que era dun trimestre escolar.


Mala xestión dos fondos para os reforzos educativos

Todo o que se afaste destas decisións de ampliación dos contratos é un pésimo exemplo da mala xestión duns fondos recibidos pola Xunta por parte do Fondo Social Europeo e o Ministerio para o reforzo educativo, deixando sen gastar parte deses fondos. En que cabeza cabe que sen deixen de gastar uns fondos comprometidos, primeiro polo retraso na contratación e despois pola incapacidade de rectificación da Consellaría? Desde o sindicato insistimos: rectifique, conselleiro; só cando é así, acerta. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias