El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director
Sociedad

Profesores das tres universidades crean o Foro de Pensamento e Opinión Galicia Milenio

07-06-2007

Un total de 50 persoas, entre profesores das tres universidades galegas e persoeiros da cultura e da sociedade galega "con variedade xeracional" constituíron en Santiago, na sede do Club Internacional de Prensa, o Foro de Pensamento e Opinión Galicia Milenio, cun compromiso de "visión crítica cara a sociedade". O presidente do Foro, Marcelino Agís, explicou que a iniciativa xurdiu do "espírito máis xuvenil de Galicia", o ex-presidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, que foi nomeado presidente de honra. Trátase dunha plataforma de carácter "profundamente liberal", "humanista", "comprometido con Galicia" e "con sensibilidade aos problemas de hoxe", segundo o cualificaron os seus artífices. Os obxectivos do foro pasan por promover a reflexión e o debate sobre temas de interese social "dende unha perspectiva liberal e humanista", fomentar o intercambio de ideas para unha sociedade "libre, democrática e xusta", e crear un espazo para a participación responsable da cidadanía arredor dos valores humanistas. O foro organizará conferencias, debates, xornadas, seminarios e outras actividades relacionadas coa cultural, coa ética, coa política, o medio ambiente, o desenvolvemento do medio rural e a comunicación con Europa a través do Camiño de Santiago, entre outros asuntos. O presidente de Galicia Milenio adiantou que as primeiras actividades abordarán o Espazo Europeo de Ensino Superior, o patrimonio natural galego e as raíces humanistas de Europa. A xunta directiva aprobada provisionalmente está encabezada por Agís, así como por María Teresa Cancelo como vicepresidenta e José Antonio Constenla como secretario xeral. A finais de ano elixirase o órgano de dirección que rexerá o foro nos vindeiros catro anos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias