El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | SOGAMA

Sogama adxudica a construción da planta de biorresiduos de Cervo por preto de 6,4 millones

03-01-2022 17:05:32
Presentación da nova planta de biorresiduos en Cervo

CERCEDA | Sogama adxudicou á UTE Espina Obras Hidráulicas, S.A- Geoxa, General de Construcciones, S.L, por un importe de 6.383.949 euros (IVE incluído), a obra de execución e posta en marcha dunha planta de  biorresiduos no Concello de Cervo (Lugo), que formará parte da rede de infraestruturas deseñada pola Xunta a fin de que a meirande parte dos concellos adheridos a Sogama teñan acceso á valorización da materia orgánica e dispoñan dunha planta de  biorresiduos, ou de transferencia, a menos de 50 km de distancia. 

A instalación, que se levantará no polígono industrial de Cuíña, ocupará unha parcela de case 8.000 m2 e dará servizo a 15  concellos do arco cantábrico galego (a práctica totalidade dos pertencentes á comarca da Mariña lucense, ademais de Mañón), aglutinando estes unha poboación de máis de 69.300 habitantes. É o caso de Cervo, Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, Lourenzá, Mañón, Mondoñedo, Muras, Ourol, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. 

A planta acollerá todo o proceso de compostaxe (pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento), disporá de capacidade para tratar 3.000 toneladas de materia orgánica cada ano, ás que habería que sumar 1.600 toneladas de material  estruturante (podas e restos madeira) e producirá ao redor de 1.500 toneladas de compost que se destinará, como fertilizante natural, ao sector da agricultura e gandería.

Así mesmo, estará alimentada por enerxías renovables e equipada tamén con novos e innovadores sistemas de depuración de augas e de aire, así como de redución do nivel de ruído, garantindo con isto unha operativa respectuosa coa contorna máis inmediata. 


Infraestrutura conformada por 17 instalacións

Conforme á lexislación europea, os concellos dispoñen de prazo ata o 31 de decembro de 2023 para instaurar a recollida diferenciada da materia orgánica a través do contedor marrón. Se ben se trata dunha competencia municipal, contarán co respaldo da Xunta, que deseñou e articulou unha rede de infraestruturas conformada por 17 instalacións: 4 plantas de  biorresiduos (unha por provincia, entrando xa en funcionamento a de Cerceda, que actualmente dá servizo a 4 concellos) apoiadas por 13 plantas de transferencia que disporán dunha  tolva  específca para o transvasamento da fracción orgánica. 

A previsión é que as instalacións integradas nesta rede, ás  que se destina un investimento de 38.600.000 euros, entren en funcionamento a finais de 2022, propiciando que, xunto con outras plantas públicas e privadas de compostaxe, a recollida selectiva dos residuos orgánicos sexa unha realidade en Galicia, dando un salto importante cara ao cumprimento dos obxectivos europeos de reciclaxe para o ano 2025. Esta actuación conta cun cofinanciamento dos Fondos FEDER como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da  Covid-19, toda vez que repercute na protección do medio ambiente e, en consecuencia, nunha maior calidade de vida. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias