El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

A CORUÑA | O BURGO

O BNG insta o Goberno a compensar as mariscadoras da Ría do Burgo

02-02-2022 15:24:15
Néstor Rego, deputado do BNG.

MADRID | O deputado do BNG, Néstor Rego, reclama ao Goberno dar cumprimento ao acordo unánime, a raíz dunha iniciativa da formación nacionalista, para facilitar as compensacións económicas ás mariscadoras da Ría do Burgo, polo que a Xunta se compromete a adiantar o diñeiro, mentres asina un convenio co Ministerio para a transferencia dos fondos precisos. Así mesmo, insta a iniciar os contactos coa Xunta de Galiza e a Confraría de mariscadores para asinar o convenio e a determinación das contías na maior brevidade e poder así iniciar o pagamento cando se inicie o dragado que suporá a paralización da actividade extractiva.

Durante o debate na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galiza desta semana, o BNG logrou o acordo unánime da cámara para que a Xunte adiante as compensacións económicas ás mariscadoras da Ría do Burgo. Paralelamente a Consellaría do Mar asinaría un convenio co Goberno do Estado para o financiamento das axudas. Este compromiso “sirve para dar seguridade ao colectivo de mariscadoras e mariscadores”.

Por este motivo, a formación nacionalista traslada ao Goberno do Estado a urxencia de dar cumprimento a este compromiso político e fechar “os acordos e negociacións precisas para que as mariscadoras e mariscadoras reciban as compensación desde o comezo das obras de dragaxe e rexeneración da Ría”. Rego precisou que, co comezo das obras, a actividade extractiva do marisco paralizarase polo que as compensacións evitarían o endebedamento das traballadoras e traballadores da Ría do Burgo.

Neste caso, a Xunta de Galiza adiantaría o diñeiro das compensacións económicas por inactividade obrigada dos e das mariscadoras da Ría do Burgo durante o tempo que duren as obras de dragado e rexeneración. “Contarían, tal e como aparece no acordo, coa previa garantía de transferencia mediante a firma dun convenio desde o comezo das obras que aportaría os fondos precisos por parte do Estado para esta finalidade” subliña Rego.

“É imprescindíbel que este acordo se leve a cabo para dar cobertura económica ás mariscadoras e mariscadores afectados. A resolución parlamentaria precisa que sexa asumida e executada por ambas administracións o máis rápido posíbel, sempre, claro está, contando ademais co acordo da Confraría de Pescadores da Coruña que representa ás mariscadores e mariscadoras  afectadas pola paralización da actividade” destaca Rego. Este compromiso ao que chegan as tres forzas políticas con representación na Galiza – BNG, PP e PSOE- permitiría “superar o conflito existente entre a Administración estatal e a Xunta de Galiza sobre quen sería a institución encargada de sufragar as compensacións económicas”.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias